Información
Agenda de Galicia

Fredi Leis, Banda Crebinsky e Holywater pecharán as festas do Apóstolo cun concerto este mércores na praza da Quintana

Información
Localidades de Galicia 29 Julio 2019 430 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A actuación de Fredi Leis está previsto que empece sobre as 22:15 horas. Segundo sinalou, "faremos un repertorio tirando a animado, que a xente o pase ben e que desfrute". Quere, di, transmitir coa súa música "a miña idea e o cariño que lle teño a esta cidade. E se facemos coincidir a última canción do meu concerto cos Fogos, xa será máxico".


Apuntou o artista que "as cousas máis importantes da miña vida vivinas en Santiago. Para min é superespecial tocar aquí. Veño coa banda completa". Temas dos seus traballos, Neón e Días grandes compartirán espazo con cancións como "Santiago DC". "Vai estar, seguro", non só polo seu significado, dixo, senón porque "foi a canción que abriu as portas ao resto das cancións".

O concelleiro de Festas asegurou que o concerto de Fredi Leis, "era algo que nos facía especial ilusión", porque con este tipo de concertos valórase "a calidade da xente nada en Santiago". Gonzalo Muíños animou a composteláns e visitantes a asistir ás actividades e concertos programados para os tres días que aínda quedan de festas: "queremos que sexan un éxito total, como nas xornadas pasadas".

Fredi Leis 
Nado en Santiago, o 12 de outubro de 1987, dende pequeno toca o piano de xeito autodidacta. Deuse a coñecer a través da plataforma Soundcloud, conseguindo centos de miles de escoitas. A canción máis oída, "Santiago DC". Percorre salas e teatros do circuíto nacional de cantautores, esgotándose as localidades. En 2015 estrea o seu primeiro EP, Días Grandes, composto por el e coa produción de Ismael Guijarro (Rozalén); e en 2018 sae ao mercado o seu primeiro disco, Neón.

Martes, 30 
Este martes 30 de xullo celébrase nas festas do Apóstolo o Día de Padrón, cun concerto, á unha do mediodía na praza do Obradoiro, das bandas municipais de música de Padrón e Santiago.

Pola tarde, ás 18:00 h, contos infantís e xogos con "Paporrubio", no parque de Bonaval. E á mesma hora, visita guiada da man de Castelao polo parque da Alameda, a praza do Toural, a rúa do Vilar, a praza de Fonseca, a praza do Obradoiro, a praza da Quintana, a Casa da Troia, Casas Reais, a praza 8 de Marzo e San Domingos de Bonaval.

A xornada remata con concertos. Cool Sounds e Lachlan Denton estarán ás 20:00 h no parque de Galeras. Ás 23:00 h, Basanta actúa na praza do Toural. E ás 22:00 h, na praza da Quintana, concerto Os sons esquecidos, coa Real Filharmonía de Galicia e o polipoliinstrumentista galego Abraham Cupeiro.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....