Información
Agenda de Galicia

Vilar de Barrio organizan unha andaina nocturna a San Mamede para ver as Perseidas

Información
Localidades de Galicia 03 Agosto 2019 614 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O próximo venres 9 de agosto 50 persoas terán a posibilidade de visionar a chuvia de meteoros, popularmente coñecida como Bágoas de San Lourenzo, dende o alto da Serra de San Mamede a máis de 1600 metros de altura.

 

  • · “Con esta primeira convocatoria queremos explorar as posibilidades de certificación que tería a nosa serra como destino turístico Starlight. Así é que pola súa altitude e carencia de contaminación luminosa pensamos que pode ter excelentes cualidades para a observación astronómica”, afirma Manuel Conde alcalde de Vilar de Barrio.

Vilar de Barrio, 03/08/2019

 O goberno municipal do Concello de Vilar de Barrio segue apostando por poñer en valor a Serra de San Mamede como unha das posibles vías para frear o devalo demográfico que sofre o municipio nas últimas décadas. “Traballamos en converter Vilar de Barrio nun lugar atractivo para vivir, promovendo hábitos de vida saudables, actividades deportivas para todos os públicos e servizos de conciliación familiar. Pero tamén necesitamos explorar novos campos de desenvolvemento para procurar afianzar poboación ao tempo que atraemos outra xente nova”, matiza Manuel Conde.

 Con este obxectivo o rexedor lanzou o pasado mes de xullo o programa “Un verán na Serra” que combinaba actividades lúdicas, deportivas e de ocio, co inicio dun programa de investigación “que sirva para explorar as potencialidades da Serra de San Mamede como motor de desenvolvemento local futuro”, sentencia o alcalde.

 No marco deste programa realizáronse nas últimas semanas diferentes obradoiros da memoria nas aldeas de Rebordechau, Prado, Porto e Arnuide. Centos de persoas achegáronse a estes encontros para realizar unha primeira cartografía dos problemas da Serra, as súas oportunidades e ameazas.

  “Superada agora esta primeira fase diagnóstica, na que seguiremos traballando nos próximos meses, queremos lanzar unha oferta de actividades lúdicas propias do verán. A primeira o próximo venres 9 de agosto convidando a todo o mundo a gozar das fermosas Bágoas de San Lourenzo a máis de 1600 metros sobre o nivel do mar”, apunta Manuel Conde.

  “Queremos que ao rematar este verán a nosa veciñanza de Vilar de Barrio mire con outros ollos a súa serra. Ben como ese lugar de esparexemento, ben como o recurso para un desenvolvemento sostible do municipio. Antes en exclusiva vinculados ao sector primario e agora abrindo a porta a outras posibilidades”, finaliza Manuel Conde alcalde de Vilar de Barrio.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....