Información
Agenda de Galicia

Os bombeiros/as de Vigo convocan folga por primeira vez na historia do servizo

Información
Localidades de Galicia 04 Agosto 2019 569 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Os bombeiros/as do Concello de Vigo rexistraron hoxe a convocatoria de folga indefinida a partir do vindeiro 14 de agosto ante a “situación límite” derivada da falta de persoal. As centrais promotoras da medida -CIG e CUT- contan co apoio da maioría dos traballadores/as: polo momento de 65 dos 102 efectivos/as en activo, “aínda que esta cifra podería aumentar nos próximos días porque máis compañeiros/as xa manifestaron a súa intención de sumarse”.

 

O representante da CIG nos bombeiros/as vigueses/as, Miguel Uclés, compareceu esta mañá en rolda de prensa para anunciar a convocatoria e explicar que a folga responde “a unha esixencia dos nosos/as afiliados/as e simpatizantes no servizo, que xa non aturan máis a situación límite na que nos atopamos como consecuencia da falta de persoal; non hai que esquecer que o servizo chegou a ter 150 efectivos/as e na actualidade somos pouco máis de 100”.

De feito, o 30% do cadro de persoal está de baixa por ansiedade ou doenzas físicas derivadas do exceso de traballo: prolongación das xornadas laborais, gardas de 48 horas seguidas, etc. Situación que se agrava polo feito de que case da metade dos bombeiros/as en activo ten máis de 55 anos (48 de 102). “Noutros servizos xa estarían en segunda actividade, pero no noso seguen en primeira liña”.

"Estamos a falar de cousas moi graves que poderían supoñer denuncias penais, como falsificación documental para xustificar o exceso de horas extra, explotación laboral e poñer en perigo os traballadores/as e o conxunto da cidadanía", asegura.

Sobre todo no que ten que ver cos novos/as bombeiros/as, que a pesar de atoparse aínda en periodo de formación xa os pasaron ás quendas, "non fan formación e están a traballar sen finalizar a formación e impoñéndolles o decreto de ampliación da xornada, chegando a facer até 48 horas seguidas e duplicando no mes a xornada normal".

Negociacións bloqueadas

“Tampouco hai garantías de que vaian a pasar a formar parte do servizo porque as bases da OPE están denunciadas e igual hai que repetir a convocatoria", lembra. Ademais, a negociación para convocar a oposición de 2019 está bloqueada.

Con respecto á xuntanza prevista para este luns coa concelleira de Persoal e Seguridade, á que acudirán xa como comité de folga, asegurou non agardar nada, “porque xa estamos fartos/as de falsas promesas”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....