Información
Agenda de Galicia

800 padexeiros, 157 deles de categoría máster, participarán no Campionato de España de Maratón de Piragüismo, que terá lugar durante esta fin de semana en augas do Lérez.

Información
Localidades de Galicia 17 Agosto 2019 380 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
  • O concelleiro de Deportes, Tino Fernández, agarda que os deportistas pontevedreses Óscar Graña, Jenifer Casal e Raquel Rodríguez “teñan un bó día e nos dean a ledicia de clasificarse para o Mundial”

Uns 800 padexeiros, 157 deles de categoría máster, participarán no Campionato de España de Maratón de Piragüismo, que terá lugar durante esta fin de semana en augas do Lérez. O evento deportivo, que contará con 88 clubes de 14 comunidades autónomas (un 40% deles galegos), foi presentado hoxe nun acto protagonizado polo concelleiro de Deportes, Tino Fernández; o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea; o deputado provincial Gregorio Agís, e o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides.

 

Alfredo Bea agradeceu a aposta de Concello, Deputación e Xunta “polo noso deporte, que dende logo ese respaldo cos seus resultados” e que unha vez máis “volve bater récords co maior número de participantes da historia do Campionato de Maratón”. Segundo avanzou, esta mesma tarde haberá “unha especie de maratón curta de 3,5 kilómetros que servirá de control selectivo para clasificarse para o Mundial de China”, mañá desenvolveranse as competicións individuais e o domingo as de embarcacións dobres. “Agardamos que o Cidade de Pontevedra se leve o Campionato de España de Maratón por Clubes”, asegurou.

Tal e como apuntou o socialista Tino Fernández, o piragüismo “é un deporte estratéxico, que ten unha consideración especial por parte da Concellería de Deportes”. O edil do PSOE destacou “o luxo que supón que esta competición se realice nun ben natural como o Lérez, que está no centro da cidade, e que temos que poñer en valor con eventos desta categoría”.

O concelleiro socialista subliñou que “somos unha potencia no piragüismo de maratón, con campións do Mundo e de Europa” e amosou o seu desexo de que os pontevedreses Óscar Graña, Jenifer Casal e Raquel Rodríguez “teñan un bó día e nos dean a ledicia de clasificarse para o Mundial de China”.

Daniel Benavides destacou o traballo da Federación Galega de Piragüismo, “un referente para as demais federacións, que ven con envexa os eventos nacionais e internacionais que se organizan aquí e que visibilizan a imaxe de Galicia e de Pontevedra como centro neurálxico do piragüismo”.

Pola súa banda, o deputado Gregorio Agís afirmou que o piragüismo “é un dos deportes máis relevantes de Pontevedra”, tendo unha enorme importancia “na difusión da nosa provincia no estranxeiro”. “O 42% das bolsas da Deputación son para o piragüismo pontevedrés. Falamos de 2.213 padexeiros, dos que case a metade son mulleres. Agardamos que esta fin de semana Pedro Areal, Tania Fernández e Tania Álvarez teñan a posibilidade de clasificarse para o Mundial”, matizou.

O percorrido

Alfredo Bea explicou que a  competición “desenvolverase entre a ponte dos Tirantes e a da vía do tren, con voltas curtas, que farán moi vistoso o percorrido para o público en xeral”. Neste mesmo sentido, o edil de Deportes lembrou que “o circuíto está moi testado e, dende o punto de vista visual, a proba de maratón ten moito atractivo: os padexeiros teñen que saír da auga, montar a embarcación ao ombro e correr a velocidade de sprint”.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....