Información
Agenda de Galicia

FICRURAL 2019 acollerá o V Festival Internacional de Cine Rural de Galicia

Información
Localidades de Galicia 14 Septiembre 2019 684 votos
4.5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 90%

O Festival Internacional de Cine Rural de Galicia, único festival específico de cine rural que hai en Galicia, é un espazo para a divulgación e exhibición de curtametraxes documentais e de ficción, cunha temática relacionada co medio rural e coa recuperación da memoria material e inmaterial dos pobos do mundo. Incluído na programación do FICRURAL 2019, trátase dun proxecto de Arraianos Producións e Lareira Pop, que conta co financiamento do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación Provincial da Coruña.

 

Nesta V Edición, o festival estará espallado por todo o rural de Compostela, a través de programación nos seu centros socioculturais. O FICRURAL vai ser, xa que logo, un punto de encontro para a cidadanía en xeral e para os profesionais do sector audiovisual, un espazo para o debate e a reflexión creativa sobre o pasado, o presente e o futuro do mundo rural.

Con esta iniciativa reivindícase igualmente a figura e o legado do gran cineasta de Cartelle, Carlos Velo, promovendo a creación e o desenvolvemento de proxectos artísticos, sociais, culturais, económicos e obras audiovisuais que xiren arredor do medio rural e do seu futuro.

Entre os obxectivos dos organizadores deste festival multidisciplinar hai que destacar o interese polo coñecemento, a conservación e a defensa das culturas e dos sinais identitarios do mundo rural dos pobos do mundo, do seu singular patrimonio material e inmaterial, a recuperación e a codificación da memoria histórica e colectiva, e a promoción do intercambio interxeracional e a participación cidadá neste debate necesario e imprescindible sobre o futuro do mundo rural.

Esta iniciativa quere ser un referente cultural e artístico contemporáneo, un evento que proporcione un espazo de encontro e de proxección exterior do talento creativo pasado, presente e futuro. Neste contexto enmárcase tamén a homenaxe ao cineasta Eloy Lozano que se vai desenvolver ao longo do FICRURAL.

No marco desta edición do festival tamén haberá unha homenaxe a Antonio Román, un dos pioneiros do documentalismo en Galicia, así como unha exposición sobre o artista galego Yoseba MP e o seu singular proxecto creativo Fenómenos do Rural, centrado en mulleres que habitan no rural galego. Ao longo de todo o evento, este prestixioso artista multidisciplinar vai pintar en directo un mural no lugar onde se van desenvolver as actividades de FICRURAL.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+