Información
Agenda de Galicia

"O electo", a nova co-produción do FIOT, terá presenza na escena de toda España cunha versión en castelán

Información
Localidades de Galicia 23 Octubre 2019 660 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O Festival Internacional Outono de Teatro presentou esta mañá no Pazo da Cultura a estrea absoluta de O electo, unha coprodución de Contraproducións, Focus e o FIOT, dirixida por Cándido Pazó González, interpretada por Manu Baqueiro e Antonio Mourelos e baseada nun texto orixinal de Ramón Madaula.

 

Na rolda de prensa participaron o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; o presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro Pastoriza; e a directora de produción de Contraproducións, Belén Pichel, ademais de Pazó, Baqueiro e Mourelos. Pichel desculpou a ausencia de última hora do director de produción de Focus,  Sergi Calleja, por atraso do voo no que viaxou a Compostela.

Nesta coprodución, a compañía de Cándido Pazó explora novas vías para o teatro galego e para o FIOT aliándose cunha das grandes produtoras españolas, Focus. Xuntas crearon un espectáculo que terá presenza na escena de toda España cunha versión en castelán. Esta comedia aguda sobre a vocación política, xa un éxito na versión orixinal en catalán, visibiliza a vulnerabilidade dos que exercen o poder. A obra dará pé, seguro, ao debate sobre unha preocupación social de actualidade: a controversia sobre os políticos.

O electo terá dúas funcións nesta edición do FIOT: o venres, para abonados e convidados, ás 21 horas; e o sábado, ás 20.30, para o resto do público. Tamén haberá un ensaio xeral para os alumnos dos institutos, mañá xoves, ás 11 horas.

Intervencións

“O FIOT”, asegurou Sueiro, “segue a ser esa ferramenta quen de colaborar coas compañías e todo o sector das artes escénicas galego, que pode atopar no noso festival un lugar onde desempeñar o seu traballo”. Sobre as colaboracións entre o FIOT e Contraproducións [O electo será a terceira], dixo: “Ata o de agora foron absolutamente exitosas e moi satisfactorias para o festival”.

“O FIOT”, afirmou Sutil, “non só nos ofrece a representación de espectáculos, senón que é moito máis e quen de dar un enorme pulso ao sector galego das artes escénicas”. “Hoxe”, engadiu o director de Agadic, “estamos aquí para presentar unha coprodución dunha compañía que ten unha estrutura a maiores da estrutura artística e que tamén conta co apoio da Xunta de Galicia e, sobre todo e quero salientalo, co apoio do FIOT”. Sutil fixo ademais especial mención a Focus, “un dos principais grupos españois de produción, xestión e distribución de teatro, así como de organización e comunicación de eventos culturais”.

“Esta comedia sobre a función política”, explicou Pazó, “é basicamente unha idea de produción pero tamén un espectáculo de actores, así que o meu traballo como director foi, en grande medida, utilizar ben eses dous ingredientes que me serviron”. “Para empezar”, engadiu, “o ingrediente de que é unha comedia moi ben escrita por Ramón Madaula e xa testada, porque se representou con gran éxito de crítica e público en catalán e en francés; máis alá diso, a obra ten unha arquitectura dramatúrxica que me entusiasmou: sentín o que sempre sinto cando leo unha obra de verdadeira calidade, que é pensar por que non fun quen escribir eu iso, eu que tamén son autor”. “O cal”, rematou Pazó, “fixo moito máis fácil o meu traballo como director”.

Belén Pichel: “É unha honra, como carballesa, que o FIOT confíe en nós para estrear e por a andar os nosos espectáculos”

Para Belén Pichel, “é unha honra, como carballesa, que o FIOT confíe en nós para estrear e por a andar os nosos espectáculos”.  A directora de produción de Contraproducións lembrou as outras dous colaboracións entre o festival carballés e a súa compañía: O tolleito de Inishmaan e Fillos do sol, “un espectáculo do que levamos xa máis de sesenta función, o que hoxe en día é complicadísimo. Pero todos os espectáculos nosos que naceron aquí déronnos ata agora moitísima sorte”. Pichel confirmou outras localidades galegas que visitará á xira da montaxe, como Vilagarcía, Narón, Vimianzo ou A Coruña. A versión castelá de O electo estrearase, desvelou Pichel, en abril, no Teatro Principal de Zaragoza, “e a partir de aí empezará unha longa xira, e esperamos que exitosa, por Toledo, Valladolid, Marbella o Tenerife, entre outras cidades”.

Popularmente coñecido polos seus traballos en dobraxe, cine e televisión, Antonio Mourelos debuta nas táboas “porque hai ofertas que non se poden rexeitar”. “Eu nunca pensei seriamente en facer teatro, pero cando Belén me explicou o proxecto e eu lin o texto, estiven certo de que, se algún día ía facer teatro, sería con esta obra, con este director e con esta produtora. Se, por riba, tería como compañeiro de elenco a Manu Baqueiro, a decisión estaba máis que clara”.

“Cando mo propuxo Focus”, explicou Baqueiro, “pareceume un gran desafío, como fillo de galegos que son”. “A versión de Candi [Pazó]”, engadiu, “pareceume fascinante; se cadra máis divertida cá catalá, polo que me toca: un proxecto moi bonito, moi interesante, con moitas cousas nas que traballar; un gran desafío como actor, tanto para min como seguro que para Antonio”. “É”, rematou, “un texto moi intelixente, que toca moitos paus máis alá da política, ao que se lle pode sacar moito partido, tanto en Galicia como no resto do Estado”.

“En Carballo”, afirmou o alcalde, “estamos encantados de que a dimensión do FIOT vaia transcendendo e sirva para producir espectáculos aquí e para proxectar o FIOT noutras latitudes”. “Pero tamén”, seguiu, “estamos encantados de que o FIOT sexa unha referencia artística, teatral e para a creatividade”. “Polo tanto”, rematou, “somos nós os que estamos agradecidos de que directores, produtoras e compañías sigan apostando por Carballo e confiando no bo nome do FIOT para facer aquí estreas e logo que esas estras sirvan para divulgar todo ese enorme traballo”.


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+