Información
Agenda de Galicia

AECT Río Minho aproba o plano de actividades e o orzamento para 2020

Información
Localidades de Galicia 21 Diciembre 2019 1583 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
AECT Rio Minho

A asemblea xeral da Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño, ‘AECT Río Miño, vén de aprobar o plano de actividades e o orzamento para o próximo ano cun investimento global de cerca de 300.000 euros cofinanciado en parte polo Programa Interreg V A.

 

No 2020, o AECT Río Miño reforzará a creación de redes de dinámicas locais de cooperación transfronteiriza das eurocidades do río Miño a través do lanzamento do proxecto ‘Rede de apoio ás dinámicas locais de cooperación do Río Miño Transfronteirizo-Red LaB Minho', así como o desenvolvemento da ‘Estratexia de cooperación intelixente para o Rio Miño Transfronterizo - Smart Minho', ambos cofinanciados polo Programa Interreg V A.

Destacan, neste último, o desenvolvemento de proxectos piloto de mobilidade sustentable, no ámbito do Plan de Mobilidade Sustentable Transfronteiriza; as accións de promoción do patrimonio cultural inmaterial transfronteirizo e a dinamización  de fórums culturais, co obxectivo de reforzar a cohesión dos axentes culturais locais transfronteirizos, con vistas a crear alianzas para a posta en marcha de proxectos culturais en rede.

Como acto previo ao inicio da asemblea produciuse a toma de posesión dos novos e novas representantes da delegación da Deputación Provincial, composta polos alcaldes e alcaldesas dos concellos de Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Tomiño, O Rosal, A Guarda, Ponteareas, O Porriño e A Cañiza. A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, será a nova secretaria da mesa da asemblea. Posteriormente, o director do AECT Río Miño e deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benitez, realizou a exposición do plano de actividades e o orzamento para o 2020.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....