Información
Agenda de Galicia

As Súas Maxestades de Oriente visitan Vilagarcía acompañados dun séquito de 650 persoas

Información
Localidades de Galicia 02 Enero 2020 946 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
As respectivas Casas Reais das súas Maxestades de Oriente veñen de comunicar ao Concello de Vilagarcía que, como é tradición, volverán a visitar Vilagarcía o 5 de xaneiro. Na misiva, na que dan conta da axenda Real, Melchor, Gaspar e Baltasar informan de que a expedición deste ano será unha das máis grandes e vistosas, posto que o séquito real estará composto por 650 persoas. Toda a comitiva desfilará na Cabalgata que percorrerá as rúas de Vilagarcía o domingo a partir das sete da tarde e na que os Reis Magos saudarán aos vilagarciáns e agasallaranos con toneladas de caramelos sen gluten, concretamente cos 3.500 quilos de munición que traen para lanzar.
01.01.2020.- A Concellería de Cultura xa ten todo listo para que o recibimento as Súas Maxestades estea á altura da ocasión e para que os colectivos de Vilagarcía que desexen acompañar aos Reis na Cabalgata poidan facelo. Este ano son doce as asociacións que participarán no evento acompañando aos reis. Todos os participantes irán ataviados coas vestimentas das súas respectivas comitivas. Son as ANPAS dos colexios da Escardia, San Francisco, Filpense, Doutor Flemin-Anexo A Lomba, Piñeiriño e Casanova-Rubiáns; ademais das asociacións O Noso Lar, Os Remolóns e O Souto, xunto coas agrupacións musicais dos colectivos Mar de Arousa e Lumarada que, ademais de gaitas, levarán grupos de bombos para imprimir ritmo ao desfile. Tamén participarán os alumnos do Centro de Educación Especial que farán o percorrido a bordo dun autobús de época facilitado polo Grupo Benito Abalo. E non pode faltar a Banda de Música de Vilagarcía tocando as tradicionais panxoliñas.

A comitiva a pé completarase coas estrela de Nadal que guía ao Reis, e coas seis carrozas reais, as tres nas que viaxan Melchor, Gaspar e Baltasar xunto cos seu servizo persoal, e as outras tres cargadas de agasallos e a bordo das que van o resto dos paxes reais. Por suposto, as súas maxestades contarán coa protección da escolta da garda de centurións composta polos integrantes do Club Los Ingleses.

Ademais da asistencia específica de mantemento da seguridade, o servizo Municipal de Emerxencias e a agrupación de voluntarios de Protección Civil volven a participar na Cabalgata de xeito festivo, facendo desfilar os seus vehículos engalanados de Nadal.

PERCORRIDO
A Cabalgata partirá ás 19:00 horas da Praza da II República (a explanada do Auditorio) para dirixirse pola Avenida da Mariña a Alameda e Conde de Vallellano para xirar na Praza de Galicia cara Arcebispo Lago, seguir por Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Doutor Tourón, Praza de España, Edelmiro Trillo e Padre Feijoo co obxecto de enfilar por Arapiles cara os xardíns de Ravella que Melchor Gaspar e Baltasar atravesará a pé para dirixirse ao Belén vivinte instalado na Praza de Ravella. Como é tamén tradicional, dende aquí as Súas Maxestades dirixiranse ao público para rematar a xornada coa tradicional recepción no Salón Nobre da Casa do Concello, onde recibirán a todos os nenos e nenas que desexen acudir a saudalos persoalmente.

VISITA Á RESIDENCIA DE ANCIÁS E AO CONVENTO DE VISTA ALEGRE
Os Reis terán así un día moi axitado posto que antes da cabalgata terán outros dous actos moi emotivos. A primeira hora da tarde visitarán aos maiores da Residencia “Divina Pastora aos que lles levarán uns agasallos e tamén se achegarán ao convento de Vista Alegre para deixarlle usn presentes as monxas agustinas.

A Cabalgata é unha das actividades lúdico-culturais que máis interese esperta entre os vilagarciáns e os varios centos de persoas que visitan a cidade con ese motivo. Por iso, o Concello agradece publicamente a colaboración dos colectivos, entidades e corpos que participan de forma activa neste gran evento.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+