Información
Agenda de Galicia

Trece carrozas e 1.250 persoas desfilarán o domingo na Cabalgata dos Reis Magos de Vigo

Información
Localidades de Galicia 03 Enero 2020 1142 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 Abel Caballero, puxo en valor o dispositivo de seguridade previsto para a Cabalgata dos Reis Magos do vindeiro domingo polo centro da cidade (desde as 18:00 ás 20:00 horas). O plan contará con 90 axentes da Policía Local e a colaboración de 350 voluntarios, efectivos de Protección Civil e ambulancias. Repartiranse catro toneladas de caramelos sen glute e sen azucre.


A nova de esta edición, xa anunciada a semana pasada, será que as 13 carrozas e as 1.250 participantes rematarán o seu percorrido na rúa Pi y Margall, polo que tamén desfilarán pola rúa Elduayen e o Paseo de Alfonso despois de facer unha parada na Porta do Sol para recibir as chaves da cidade de man de Caballero. "Invito a toda a cidade, nenos e nenas, papás e mamás, avós e avoas, tíos, todos... a ver a Cabalgata, pero pido a todos que non perdan de vista nin un segundo aos fillos e netos", avisou o alcalde.

O rexedor avanzou que as Maxestades de Oriente terán desta vez moito parecido con Antonio García Teijeiro, Raúl Fontán e Ibrahima Nihan Sow e no caso da Carteira Real a Ledicia Costas. Na organización e montaxe da cabalgata participan tamén os Centros Deportivos e Culturais e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".

O percorrido comezará ás 18:00 horas no punto habitual, zona de Isaac Peral, e estará totalmente valado para garantir a seguridade dos asistentes e vanse establecer catro postos destacados de emerxencias: no cruce de Alfonso XIII con García Barbón, en Colón-Urzáiz, a rúa Miragaia e Doutor Cadaval. Ademais instalaranse dous postos de atención a cativos perdidos no lateral da Igrexa de Santiago de Vigo e na Porta do Sol e haberá unha plataforma para persoas con mobilidade reducida diante da Igrexa de Santiago de Vigo.

Plan de tráfico
No referente ao tráfico, dende as 09:00h da mañá quedará ocupado un carril de circulación ao longo do recorrido para instalar as vallas de protección. Ás 15 horas quedará cortado o tráfico entre Sanjurjo Badía e Isaac Peral, onde comeza a montaxe da cabalgata e ás 17:00 horas queda cortado todo o tráfico ao longo do percorrido.

De 10 a 14 horas, as súas Maxestades visitarán hospitais e centros asistenciais. Ás 12.00 horas haberá unha recepción aos nenos no Auditorio Municipal con animacións, chocolate e rosquillas. Ás 18.00 horas comezará o Desfile Cabalgata, que este ano ten como temática os espectáculos infantís. O percorrido comezará en García Barbón (desde a rotonda de Isaac Peral), seguirá por Policarpo Sanz e terminará na Porta do Sol.

Carrozas, autobuses e animación
As cinco carrozas municipais serán as da Policía Local ("O parrulo feo"), o Carteiro Real ("Pepiño grilo"), Rei Melchor ("David o gnomo"), Rei Gaspar ("Os tres porquiños"), Rei Baltasar ("Carapuchiña vermella"). Tamén haberá oito carrozas de El Corte Inglés "O mundo dos Elfos", Espacio 7 ("Toy Story), Alcampo ("Peter Pan"), Abanca ("O Bosque de Hansel e Gretel"), Gadisa ("Alicia no país das marabillas"), Centro Comercial Gran Vía ("Cincenta na cabaza"), Zardoya Otis ("Hansel e Gretel"), La Fe ("Cincenta") e tres autobuses (Vitrasa, Radio Vigo e Autos González).

Ademais, haberá elementos e grupos de animación: Motoristas Policía Local de gala, Cabalos e Xinetes da Policía Local Gala, Grupo Discamino, Animación Autos Locos de Barafunda, Dumbo de Barafunda, Winnie The Pooh e os seus amigos do bosque, Fundación Igualarte, A rá Gustavo e Peggy pasean por Vigo, Escola Municipal de Teatro, Animación de percusión E-Trad, "Hakuna Matata" de Troula Animación, "A panteira rosa" de Rivel Animación, "Os Minions" de Rivel Animación e "A Abella Maia e os seus amigos" de Koremi.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+