Información
Agenda de Galicia

45 grupos participarán na VI "Mascarada Ibérica"

Información
Localidades de Galicia 09 Enero 2020 905 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A VI edición do Festival Internacional Mascarada Ibérica "ViBoMask" reunirá a 45 grupos procedentes das catro provincias galegas e de diferentes lugares da xeografía española como Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha e o País Vasco, aos que sumarán grupos de Portugal e Italia. A presentación deste evento cultural tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández; a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía; e os membros da asociación "Robreda" de Viana do Bolo, Jorge Domínguez e Pedro Basalo.

 

A Deputación de Ourense colabora con esta celebración que é "un anticipo dun dos maiores eventos culturais da nosa provincia, o Entroido" e desenvólvese en zonas rurais onde "se conservan as verdadeiras raíces da tradición e sinais de identidade", salientou Rosendo Fernández. Neste mesmo sentido, Secundino Fernández dixo que este evento celébrase "nun concello no que o Entroido vai no ADN da xente" mentres que, Melisa Macía aludiu á crecente afluencia de participantes en cada edición grazas "ao labor que desenvolven as asociacións de ambos concellos e á implicación da sociedade".

Pola súa parte, Pedro Basalo explicou que intentaron dar "un novo enfoque a esta celebración que pretende conxugar o encontro de máscaras cunha implicación na vida cultural, sobre todo, coa concienciación da sociedade en canto á importancia destas tradicións e destas mascaradas para a identidade dos pobos que as levan". Así mesmo, nesta edición "temos, en particular, un intercambio cultural cos "Mamuthones e Issohadores" da illa de Sardeña, porque en xuño viaxamos alí e entendemos que a mascarada precisaba crecer, por elo, este ano se chama "ViBoMask" e ampliamos o programa con actividades culturais", engadiu Pedro Basalo.

Jorge Domínguez destacou a implicación da mocidade de ambos municipios neste evento que pretende "dar a coñecer as nosas tradicións", afirmando que "un pobo que perde as súas tradicións, perde a súa identidade".

Programación

A VI "Mascarada Ibérica" comezará hoxe, 8 de xaneiro, ás 20.30 horas, coa presentación e apertura desta edición na Casa da Cultura en Viana do Bolo e mañá xoves, 9 de xaneiro, ao longo da mañá, continuarán neste municipio as actividades coa celebración de obradoiros e documental sobre as máscaras participantes nesta edición a cargo da asociación "Robreda" no CEIP Bibei. Ás 20.30 horas será a proxección e o coloquio do documental Mar de Terra, de Jose A. Blanco e Kepa Junkera na Casa da Cultura.

O venres, 10 de xaneiro, ás 9.15 horas desenvolverase unha conferencia sobre o mundo da máscara a cargo de Jorge Domínguez, no IES Carlos Casares e, ás 20.00 horas, terá lugar a foliada coa participación de varios grupos de música tradicional galega nas rúas e bares de Viana do Bolo.

O 11 de xaneiro, a programación comezará ás 11.00 horas co ViTour, unha visita dramatizada polas rúas de Viana do Bolo e que terá como punto de saída a Praza Maior. Ás 13.00 horas será a presentación oficial do grupo invitado "Mamuthones e Issohadores" de Mamoiada (Sardeña), na Casa da Cultura. A xornada continuará desde as 13.00 ás 19.00 horas co ViMarket, un mercado de produtos artesanais locais na rúa Ceferino Armesto e a rúa das Mazairas. Ás 16.30 horas terá lugar o desfile do VI Festival Internacional Mascarada Ibérica "ViBoMask" tamén en Viana do Bolo, e desde as 20.00 ás 21.00 horas haberá unha actuación das pandereteiras da Asociación Fiadeiro de Vigo na Praza Maior, rematando ás 23.00 horas co ViMusic no que actuarán nese mesmo espazo, grupos de música tradicional galega.

En Vilariño de Conso, as actividades comezarán o venres, 10 de xaneiro, con obradoiros e o documental sobre as máscaras participantes nesta edición ao longo da mañá no CEIP San Martiño. E o domingo, 12 de xaneiro, a partir das 12.00 horas, será o desfile do VI Festival Internacional Mascarada Ibérica "ViBoMask".

  • A Deputación de Ourense colabora con este evento cultural que se celebrará do 8 ao 12 de xaneiro, en Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+