Información
Agenda de Galicia

A AGDSP fai un chamamento a ciudadanía para que acuda a manifestacion SOS sanidade 9 febreiro destruída por o Goberno de Feijoo

Información
Localidades de Galicia 05 Febrero 2020 598 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, fai un chamamento á poboación e traballadores sanitarios públicos, para participar na Manifestación convocada o próximo día 9 de febreiro en Santiago de Compostela, saíndo dende a Alameda e ata a Praza da Quintana, dado que:

1.- A situación sanitaria en Galicia atópase nun momento crítico como consecuencia das políticas de recortes, desmantelamento e privatización do Sistema Sanitario Público Galego.

 

2.- Estas políticas, estan dirixidas a abrir espazos ás multinacionais tecnolóxicas e farmacéuticas, fondos de investimento e fondos voitre, que viron nos orzamentos sanitarios e na política neoliberal de Feijoo, unha gran oportunidade para facer negocio.

3.- A Atención Primaria atópase sumida na precariedade e abandono como consecuencia dos recortes de orzamentos, persoal e equipamento. Situación que é a responsable da masificación das consultas, da deterioración e a saturación dos servizos de urxencias (PAC e Hospitais), o escaso tempo por paciente e as trabas de acceso a probas diagnósticas. O principal causante de todo isto é política do PP e a submisión dos Centros de Saúde ás Xerencias Hospitalarias tras a aprobación das EOXIS.

4.- A supresión das Áreas Sanitarias e o desmantelamento progresivo dos Hospitais Comarcais, como mostra, o peche do paritorio en Verín, e o peche de servizos en numerosos hospitais como Monforte, O Barco, A Costa, Salnes e O Barbanza. A re-centralización e o aforro de gasto desta medida, afasta á poboación rural dos servizos hospitalarios. Pola participación ciudadán nos Consellos de Saúde, suprimidos polo PP.

5.- O ocultamento e maquillaxe das listas de agarda, onde se ocultan miles de persoas enfermas, ("ya le llamaremos") que son o resultado da xestión ineficiente de xerentes designados pola súa afinidade política, pola infrautilización das instalacións e servizos e pola estratexia de desviar pacientes a centros privados concertados (en mans xa de multinacionais).

6.- A deterioración dos dereitos laborais do persoal sanitario, sometidos a condicións de insensibilidade e inseguridade, con contratos que se poden catalogar de lixo. Sin embargo, a profesionalidade e entrega dos traballadores do sistema, explica que se siga ofertando unha atención de calidade, a pesar dos recortes do goberno do PP. Esta inxusta situación explica a falta de profesionais que emigraron fora de Galicia en busca dun futuro mellor.

7.- Pola aplicación do Plan Integral da Muller e o Plan Galego de Saúde Mental. Pola Universalización da Sanidade de forma eficiente.

A única esperanza para o sistema é unha gran alianza social e sanitaria en Defensa da Sanidade Pública, Universal, Gratuita, Equitativa, Accesible e de Calidade.

Así, chamamos a poboación a participar nesta gran manifestación en Compostela e dicirlle o PP cómo está de verdade a Sanidade Real.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). 

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....