Información
Agenda de Galicia

380 nadadores participarán esta fin de semana na piscina de Rías do Sur no Campionato Galego de Natación Júnior-Infantil de Inverno e a Copa Sénior

Información
Localidades de Galicia 07 Febrero 2020 559 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Un total de 381 nadadores e nadadoras daranse cita esta fin de semana na piscina do Complexo Deportivo Rías do Sur para participar no Campionato Galego de Natación Júnior e Infantil de Inverno e a Copa Galega Sénior. O evento, organizado polo CN Galaico e a Federación Galega de Natación en colaboración coa Concellería de Deportes e Visit Pontevedra disputarase en tres xornadas consecutivas, entre os días 7 e 9 de febreiro, en quendas de mañá e de tarde que darán comezo ás 9.30 e ás 17.00 horas respectivamente.

 

O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa polo concelleiro de Deportes, o socialista Tino Fernández, en compañía da presidenta do CN Galaico, Amparo Porta, quen explicou que os campionatos que se celebrarán abranguen o Galego Infantil masculino (nados nos anos 2004 e 2005), Galego Infantil feminino (anos 2005-2006), Galego Júnior masculino (anos 2002-2003) e Galego Júnior feminino (2003-2004), así como o dos nadadores con diversidade funcional e/ou visual das anteriores categorías. Asemade, disputaranse a Copa Galega Sénior masculina (nados en 2001 e anos anteriores) e feminina (nadas en 2002 e anteriores).

Para o Campionato Galego Infantil-Júnior, cada clube poderá inscribir a un só equipo de relevos por proba, sempre que teña acreditada á marca mínima, ben pola suma de tempos de catro nadadores en probas individuais ou realizada nun relevo con nadadores comprendidos nas categorías de referencia.

Tódalas probas serán desputadas contra o reloxo e nadaranse por separado as series das probas de categorías Infantil e Júnior e a serie de Sénior, con excepción dos 1.500 metros libres, os 800 libres, os 400 libres e os 400 estilos, nos que tódalas series se nadarán con tódalas categorías xuntas.

Nas probas de relevos de 4×200 libre masculino e feminino nadarán xuntas as categorías Júnior e Infantil. Ao desputarse en piscina de 50 metros con cronometraxe electrónico, non se poderán desputar as probas de 100 estilos masculinos e femininos. Tódalas demais probas serán desputadas cunha gran participación, ao competirse en tres categorías: Infantil, Júnior e Absoluta.

“Algunhas delas teñen case 60 nadadores ou nadadoras e outras como as de fondo de 1.500 e 800 metros libres non chegan á vintena”, matiza Tino Fernández.

No que atinxe á Copa Sénior, trátase de probas individuais, non desputándose relevos, xa que a categoría Absoluta celebrou o seu Campionato de Inverno a finais de decembro, resultando vencedor nas dúas categorías e, polo tanto na conxunta, o CN Galaico.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....