El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf

Información
Agenda de Galicia

Mundo GT trae ata Ourense a fase final da SuperCompetición de Escuderías Gran Turismo Sport, F1 2019 y DiRT Rally 2.0.

Información
Localidades de Galicia 05 Marzo 2020 1552 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

 Ourense converterase, un ano máis, na capital dos eSports, coas competicións e torneos que se celebrarán dentro da Semana das Industrias Culturais e Creativas, organizada pola Deputación de Ourense; un evento que no seu eido máis tecnolóxico, pretende ser punto de encontro da comunidade gamer galega.

 

Con este obxectivo, o ICC eSports 2020 trae a Ourense as mellores competicións de gaming do momento e será escenario das finais dos torneos máis importantes de eSports de España. Do 3 ao 5 de abril, a capital dos eSports reunirá a fanáticos do entretemento electrónico e do mundo dos videoxogos, para gozar coa experiencia única das competicións en directo. Os protagonistas serán os cinco videoxogos máis exitosos na actualidade: Fortnite, FIFA e a Super Competición de equipos de MundoGT con Gran Turismo Sport, F1 Codemasters e DiRT Rally 2.0. En Ourense daranse cita os mellores pilotos e equipos profesionais do panorama Simracing. Estas competicións serán ademais emitidas na canle de YouTube Movistar eSports.

Este 2020, MundoGT celebra o seu décimo aniversario e para festexalo traerá ata Ourense ICC eSports a fase final de dúas das súas competicións máis importantes: a SuperCompetición de Escudarías Gran Turismo Sport, a F1 2019 e o DiRT Rally 2.0. Nestas competicións participarán 20 equipos, incluídos moitos profesionais que compiten a nivel mundial.

Abertas as inscricións

Os certames de ICC eSports de Ourense desenvolveranse do 3 ao 5 de abril no Salón Nobel do Liceo de Ourense. A entrada é gratuíta para ver as competicións. A inscrición para participar nos diferentes torneos programados de FORTNITE, FIFA e MUNDOGT xa está aberta, na páxina web da ICC Week https://ourenseiccweek.com/gl/e-sports/ desde o 2 de marzo ata completar as prazas.

Ademais este festival, onde os protagonistas son os eSports, abrirá as súas portas coa charla de Erea Carbajales, licenciada en Etnomusicoloxía, que aportará a súa reflexión sobre "A evolución da música nos videoxogos", un relatorio de entrada gratuíta, que se celebrará o venres 3 ás 12.00 horas no Liceo de Ourense.

Os mellores de Mundo GT en Ourense

MundoGT celebra o seu décimo aniversario en 2020 e traerá ao ourensán ICC eSports a fase final de dúas das súas competicións máis importantes: a SuperCompetición de Escudarías Gran Turismo Sport, a F1 2019 e o Rally DiRT 2.0. Nestas competicións participarán 20 equipos profesionais, nunha primeira fase en liña. Desta fase sairán os participantes das finais presenciais.

No caso do #SCE, os cinco mellores equipos da competición profesional nacional de equipos GT Sport viaxarán por segundo ano consecutivo a Ourense para disputar a Gran Final de SCE, na que o defensor do título será o equipo Euromaster eSports. Os afeccionados ás carreiras de automóbiles poderán gozar do resultado da competición en directo ao mellor de tres carreiras puntuables que comezarán o sábado 4 de abril coa primeira carreira ás 16.30 horas e a segunda carreira ás 18.00 horas. O domingo 5 de abril ás 15.00 horas terá lugar a terceira carreira, a derradeira. Pódense seguir de xeito presencial no Liceo ou desde calquera lugar a través de transmisións na canle oficial de Movistar eSports en YouTube.

Na Gran Final SF1, o maior espectáculo en simulación, loitarán en Ourense cinco dos mellores equipos deste deporte virtual de motor. Unha competición ao mellor de tres carreiras puntuables que terán lugar o sábado 4 de abril ás 19.30 horas a primeira carreira, o domingo 5 de abril ás 11.00 horas a segunda e ás 12.00 horas terá lugar a derradeira.

Como novidade este ano, por primeira vez xogarase a Gran Final SCR do World GT. O mellor torneo en liña do xogo DiRT Rally 2.0 nun modelo individual en liña, cunha final presencial o sábado 4 de abril de 10.00 a 16.30 horas. Como nas outras competicións, terán unha fase en liña da que sairá unha praza, pero ademais será posible clasificarse para a fase final en Ourense, que será presencial.

MundoGT é a organización de simracing (a acepción galega sería "automobilismo virtual") líder en español a nivel mundial, unha disciplina que sempre estivo entre o deporte de motor real (xa que os pilotos e equipos profesionais usan os simuladores) e os videoxogos domésticos.

MundoGT foi en España un dos abandeirados desa evolución, xa que desde 2010 leva organizado campionatos online e presenciais. Todos os pilotos finalistas nacionais saen de MundoGT, dado que nesta competición celébranse as probas máis esixentes e está o máximo nivel de pilotos da comunidade Gran Turismo en España, sendo estas competicións a preparación perfecta para intentar conquerir o sono de ser un auténtico piloto de carreiras.

As súas retransmisións deportivas en directo, que non teñen nada que envexar ás da televisión, gozan dunha profesionalidade tal que se confunden coa realidade. Nelas compiten as mellores escudarías e pilotos virtuais.

Escudarías de SCE que participan na competición: Xogon Galicia Simracing, Williams JIM Esports, Euromaster Esports, Team Razinger Z, Team Mentalism, Cometa Team, Spanish Pro Racers SPR, Cyberspeed, NWS Esports, TENT Factory Simracers, CEAVI Carrillo German, R70 Team, x6tence esports club e ROAR Simracing.

Escudarías de SF1 que participan na competición: Williams JIM Esports, S2V Esports, Cometa Team, World Series Online WSO, Team Mentalism, ECDF1, NWS Esports, Innovate SRT, Team Genious, e SimRacing Legends.

Torneos en directo por Movistar eSports

Todos os torneos SCE e SF1 de MundoGT retransmitiranse en directo, tanto as carreiras de cualificación en liña ao longo da tempada como as finais presenciais de Ourense. En total, haberá un total de 30 emisións en directo, que se poderán seguir a través da canle de YouTube Movistar eSports. Unhas retransmisións que o ano pasado alcanzaron 70.800 espectadores, amosando así o crecemento e consolidación desta industria. Pero ademais estas competicións gañan espectacularidade e emoción grazas aos 'casters' (a persoa que retransmite e comenta as partidas de videoxogos en liña) capaces de converter un xogo nunha experiencia inesquecible. Este ano nas finais ourensás ICC eSports teremos a José Luis Montiel casteando #SCE e a Mario Arroyo en #SF1.

Sobre os eSports

Os eSports non son unha nova tecnoloxía ou unha moda. Significan un cambio completo no mundo do entretemento e da cultura. E como tal, están a captar unha cantidade enorme de tempo e atención. Como eSports defínense popularmente as competicións estruturadas de videoxogos a través de equipos e ligas, con editores e organizadores, locutores, e tamén patrocinadores e espectadores. Podes xogar de xeito afeccionado pero tamén como profesional. Ourense ICC eSports acollerá diversos formatos de competición de videoxogos deportivos con diferentes premios.

Torneo de Fortnite

Torneo presencial de Fortnite onde os participantes xogan contra todos os participantes en ICC e-Sports 2020. Enfrontaranse en roldas de 10, dos que sobrevivirán os 5 máis valorosos. O gañador proclamarase campión do mellor torneo e-Sports do noroeste peninsular. Conta con 128 prazas. Celebrarase o venres 3 e o sábado 4 de abril. Idade mínima para a inscrición: 12 anos.

Toda a información e subscricións en: https://ourenseiccweek.com/gl/e-sports/.

Torneo de FIFA20

Os asistentes enfrontaranse a dobre partido, para chegar á final e amosar quen é o mellor xogador desta edición. Torneo en formato individual con 64 prazas, ao mellor de 6 rondas eliminatorias que terá lugar o sábado 4 de abril desde as 15.30 horas. Idade mínima para a inscrición: 12 anos.

Toda a información e subscricións en: https://ourenseiccweek.com/gl/e-sports/.

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago

Otros articulos relacionados.....