Información
Agenda de Galicia

Traballadoras das tendas de Inditex denuncian que Amancio Ortega pretende recuperar o dobre das donacións con a exclavitude do persoal

Información
Localidades de Galicia 14 Junio 2020 1453 votos

O calendario de protestas que a CIG-Servizos está a levar adiante en rexeitamento ao cambio unilateral de horarios e quendas imposto polo grupo Inditex ás traballadoras e traballadores das tendas, continuou este venres, mais desta volta cunha concentración nacional diante da sede da empresa e da Fundación Amancio Ortega, no Polígono de Sabón (Arteixo). Na protesta tamén participaron traballadores/as de auxiliares de Inditex afectadas por ERTE, como Vero Juncal Mantemento, onde está convocada unha xornada de folga para o vindeiro luns.

Estes cambios, que foron denunciados pola CIG diante da Inspección de Traballo, afectan tamén as traballadoras/es con concreción horaria para o coidado de crianzas, o que limita a o seu dereito á conciliación da vida laboral e familiar. Ademais, hai que lembrar que as modificacións de horarios se impuxeron sen negociación nin comunicación previa, sen que Inditex especificara a súa duración “e coidándose moito de non deixar constancia por escrito para dificultar que as afectadas poidan reclamar”.

A secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, explica que a dirección se nega a dar marcha atrás nunha decisión que, segundo adiantaron dende a propia compañía, podería estar vixente durante todo o que resta de ano. O único que a empresa aceptou manter son as vacacións de verán, que quedarán como até o de agora.

Polo demais, a empresa négase a recuar na súa decisión escudándose no acordo asinado con CCOO e UGT a nivel estatal e incluso na reunión que tivo lugar na Inspección sostivo que actúa así “polo ben das traballadoras, supostamente para garantir a súa saúde, cando o que pretenden é aforrar cartos evitando ter que contratar persoal temporal para cubrir baixas e vacacións xa que non respectan nin os descansos do sábado nin cumpren os descansos semanais”.

Neste senso, Fernández subliña que causa desta modificación, o persoal das tendas queda sen día libre, límite de tardes e librada de fin de semana, “e nin sequera poderán gozar en moitos casos do descanso semanal mínimo que establece a lei”. Pero para a secretaria da CIG-Servizos, aínda resulta máis grave que se inclúa neste cambio a todo o persoal que goza de concreción horaria por conciliación da vida laboral e familiar, e que en moitos casos logrou este dereito tras reclamacións xudiciais.

Diante disto, a CIG seguirá adiante co calendario de mobilizacións para esixir que se restitúan os horarios habituais de todo o persoal, ademais de esixir que se garantan as medidas de seguridade, incluíndo distintas horas de entrada e saída para evitar que coincida o persoal das distintas quendas.

Os traballadores de Vero Juncal van á folga o próximo luns

A protesta tamén contou coa participación de traballadores e traballadoras de varias empresas auxiliares de Inditex nas que hai conflitos abertos pola negativa a incorporar o persoal en ERTE e que tampouco queren complementar os salarios que o persoal cobra no desemprego. Este é o caso de Vero Juncal, compañía que se encarga do mantemento mecánico de Zara Loxística, onde está convocada unha xornada de folga de 24 horas para o próximo luns, 15 de xuño.

"Estamos nun ERTE inxusto, que non tiña que estar vixente a día de hoxe, porque as máquinas necesitan uns mantementos que non se están realizando", explica Sergio Escarís, delegado da CIG na empresa. "Dinnos que sobramos, que non nos necesitan para traballar e nin sequera nos garanten que vaian recuperar a todo o cadro de persoal, formado por 35 persoas fixas e 5 eventuais", sinala.

Desenvolven un traballo fundamental

O delegado de persoal advirte que se están a camuflar os índices de risco para xustificar que o mantemento está correcto e seguir tendo o persoal en ERTE, "cando non é así". Subliña que a súa función resulta esencial para a actividade de loxística "porque se non hai mantementos preventivos, correctivos, reparacións e atención a calquera outra incidencia non se pode levar a cabo a facturación".

Porén, até o momento só se incorporaron 12 persoas pero realizando xornadas laborais parciais e soltas. De tal xeito que, apuntan dende CIG-Industria,  Inditex está a utilizar a súa auxiliar a modo de ETT, collendo os traballadores por horas cando os necesita. "Estamos cunhas reducións superior ao 55%, que nos paga o SEPE, e temos o 45% que nos paga a empresa, que se negou en todo momento a complementar o desemprego, polo que o impacto económico nos nosos salarios é tremendo", indica Escarís.

Ante esta incerteza, os traballadores acordaron iniciar mobilizacións e teñen convocada unha xornada de folga de 24 horas que comeza ás 22:00 horas do domingo 14 de xuño, aínda que non se descarta intensificar as medidas de presión nas próximas semanas se non hai solucións. "Parece que agora temos que ser os traballadores e as traballadoras as que paguemos os respiradores e máis todas as doazóns que fai Inditex", criticou.

"O único que pedimos é traballar, que nos digan cando nos imos incorporar e que se garantan os postos dun persoal que leva máis de 20 anos prestando este servizo de maneira incansábel".

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia

@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

@AIDADEHAYDEE33 #LeyDeMemoriaHistorica #MemoriaHistórica #MemoriaVerdadJusticia #VerdadJusticiaReparacion #EspañaVaciada
@clorenper @garxetdelilla @Cristin38362377 @JoseGarciazx @Luis_iure @lachochona1 @Adho12598420 @asdena95 @etsh_uah @UAHes #DerechosHumanos #TrataSeresHumanos @rafamarcvxii @TSXGalicia @Ruth_9372 @GuisanteHuertas @MONICA78321384 @FarreroAna @AVTDC3 @newstwtt @magnoliafergon @BigDataJurist #ComparteTuCaso @CasosReales_net #PremiosEconomistJurist #GLOBALEconomistJurist @informativoj @AgM0811 @JFerandezG @generoenaccion

#Fiscalia @fiscal_es #FiscalíaSuperior @juecesAPM @AFiscales @RFAI_AIAMP @IgnaciodeLucas3 @TSXGalicia @MinSeg #FiscalGeneral #FiscalSuperiorCyL @cejmjusticia #FiscalíaGalicia #FiscalGalicia #FiscaliaSantiago