Desde a Plataforma SOS de Galicia queremos mostrar o noso apio á manifestación convocada pola Plataforma para a Defensa do Centros de Saude de Seixo (Marin).

Información
Agenda de Galicia | 08 Julio 2021 | 464 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Consideramos inaceptable o peche dun Centro de Saúde que conseguiu mellorar os seus recursos sanitarios grazas á  participación activa, durante moitos anos, das organizacións sociais (veciñais, culturais, de maiores, educativas, empresariais, de pais e nais de alumnos, deportivas, sindicais,  políticas e municipais) da localidade por encima das súas lóxicas diferenzas que as poden separar.

 

Pechar este centro e suprimir profesionais sanitarios  supoñería afastar a unha poboación de gran dispersión dos servizos asistenciais  nuns momentos que os fan máis necesarios. A falta de recursos ou criterios economicistas non poden servir de argumento para pechar este Centro de Saúde que supoñería un paso máis no desmantelamento da Atención Primaria

A poboación de Seixo gañouse, coa súa implicación,  o dereito a unha atención primaria accesible, próxima e de calidade, un exemplo para outras localidades.

Desde SOS Sanidade animamos á poboación e organizacións de todo tipo a sumarse á manifestación convocada para mañá día 9 de xullo ás 8,30 da tarde.