A Mancomunidade do Baixo Miño porá un autobús para asistir á manifestación en defensa da sanidade pública en Vigo

Información
Agenda de Galicia | 24 Septiembre 2021 | 459 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Mancomunidade do Baixo Miño porá un autobúsSerá de balde e poderá solicitarse a través das webs dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui a partir do luns 27Será de balde e poderá solicitarse a través das webs dos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui a partir do luns 27


Baixo Miño, 24 de setembro de 2021.- A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño, formada polos concellos da Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui, súmase á manifestación convocada pola Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo ante o perigo ao que está sometida a atención primaria por falta de persoal e de medios. A Mancomunidade porá a disposición da veciñanza transporte público gratuíto para asistir a esta manifestación que se celebrará o vindeiro xoves 30 de setembro ás 20.00 horas dende o PAC de Vigo, na rúa Pizarro. As persoas interesadas poderán solicitar o autobús a través dos formularios habilitados nas webs dos catro concellos, indicando nome, apelidos, teléfono de contacto e indicando en cal destes municipios se collería o transporte. En función do número de solicitudes deseñaranse os horarios e rutas necesarios e daranse a coñecer. Os formularios estarán abertos dende o vindeiro luns 27 ata o mércores 29 de setembro.Dende a Mancomunidade reclámase unha mellora da atención sanitaria nos centros de saúde, con falta de medios persoais, instalacións deficientes e en progresivo deterioro dende hai anos. Unha situación de precariedade que se viu acentuada coa chegada da pandemia, cunha diminución da atención presencial e medidas tomadas por Sanidade que atentan contra a calidade do servizo. Aos recortes súmase a falla de substitucións por baixas ou vacacións, o que provoca que nos centros haxa pouco persoal sanitario dispoñible e longas esperas para obter unha cita. As rexedoras e rexedores da Mancomunidade dan o seu apoio aos profesionais da saúde e continuarán loitando para garantir que estes poidan desenvolver o seu traballo en condicións dignas, asegurando ao mesmo tempo a calidade de atención á veciñanza.