A piscina municipal de Vila Nova de Cerveira retoma a súa actividade con normalidade

Información
Agenda de Galicia | 13 Octubre 2021 | 826 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

VilaNovaCerveiraEstá a pleno rendemento, coa programación de actividades que ofertaba antes da COVID-19 pero mantendo todas as medidas de seguridade  Está a pleno rendemento, coa programación de actividades que ofertaba antes da COVID-19 pero mantendo todas as medidas de seguridade  

Tomiño, 13 de outubro de 2021.- Despois de ano e medio pechada ou con actividade restrinxida por mor da COVID-19, a piscina municipal de Vila Nova de Cerveira retomou xa a súa actividade habitual con normalidade. Ademais de acceder aos baños libres, como se viña mantendo dende o pasado mes de maio, agora as persoas interesadas poderán acceder tamén ás clases temáticas en todos os niveis. Deste xeito a piscina xa ten activa toda a programación de actividades que ofertaba antes da pandemia, aínda que mantendo todas as medidas de seguridade e hixiene. O horario de funcionamento será de 07.30 a 21.00 horas de luns a venres e de 09.00 a 19.00 horas os sábados.O proceso de reapertura das instalacións foi progresivo para garantir a seguridade de toda a veciñanza. As persoas interesadas en regresar á piscina ou en inscribirse por primeira vez poden facelo chamando ao teléfono +351 251 708 025 ou dirixíndose directamente ao punto de atención da piscina, onde poderá informarse tamén de todas as actividades e horarios. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, manifesta a súa satisfacción pola volta á normalidade nas piscina de Cerveira, á que acoden moitos tomiñeses e tomiñesas, e fai un chamamento a cumprir todas as normas estipuladas para o uso e desfrute das instalacións