Gonzalo Caballero inicia a recta final da campaña de primarias con sendos encontros coa militancia socialista en Cangas e na cidade da Coruña.

Información
Agenda de Galicia | 25 Octubre 2021 | 596 votos | Correo electrónico | Imprimir

Lage Tuñas logra desde la sombra meter en el "juego de trileros" a Valentin  Formoso a través del primo de su mujer redactor de la Voz de Galicia  ofreciendo una información que

Atribúe ao “nerviosismo” do outro candidato o feito de que “utilice argumentos máis propios do PP” na súa campaña, e chama a “encher as urnas de ilusión” o vindeiro sábado

 25/Outubro/2021. Gonzalo Caballero inicia a recta final da campaña de primarias con sendos encontros coa militancia socialista en Cangas e na cidade da Coruña.

Nestes actos, Gonzalo Caballero pediu aos compañeiros e compañeiras “un apoio masivo” o vindeiro sábado “porque Galicia merece un PSdeG gañador”.

“Imos encher as urnas de ilusión”, proclamou o socialista, quen chamou a votar “en liberdade” e “pensando no mellor para o noso partido, que será o mellor para Galicia”.

“Para avanzar e non retroceder”, remarcou Gonzalo Caballero, apelando así a “impulsar un PSdeG forte, de esquerdas, feminista, ecoloxista e galeguista” e que é “a alternativa gañadora ao PP en Galicia”.Gonzalo Caballero felicita a Sánchez por su investidura: "Día histórico"

Neste senso, Gonzalo Caballero subliñou que o seu proxecto está concibido “para gañar dentro, coa militancia, para gañar fóra, coa cidadanía galega.

  

Asemade, o socialista valorou “a ilusión e o apoio crecente” que atopa na militancia de base, “a verdadeira protagonista” destas primarias; ao tempo que atribuíu ao “nerviosismo” do outro candidato o feito de que “utilice argumentos máis propios do PP” na súa campaña.

social youtube xornalgalicia   feed-image