Paula Otero, participa desde mañana y hasta el domingo con el Equipo Nacional Absoluto en el Campeonato de Europa de Natación en Kazan, Rusia

Información
Agenda de Galicia | 01 Noviembre 2021 | 702 votos | Correo electrónico | Imprimir

20211101 paula otero 1

A nadadora máis internacional do Club Natación Arteixo, Paula Otero Fernández, xa está en terras rusas dende onte pola noite. Un total de seis nadadoras e cinco nadadores representarán a España do 2 ó 7 de novembro de 2021 nos 21st Campionatos de Europa LEN KAZAN 2021 de piscina corta. Será, sobre todo, unha cita de preparación para o equipo nacional absoluto que, no plano internacional e tras un esixente ano olímpico, ten posto o foco na tempada en piscina larga, na que se celebran os Campionatos do Mundo FINA en maio en Fukuoka, e os Campionatos de Europa LEN, en agosto en Roma.

A nadadora máis internacional do Club Natación Arteixo, Paula Otero Fernández, xa está en terras rusas dende onte pola noite. Un total de seis nadadoras e cinco nadadores representarán a España do 2 ó 7 de novembro de 2021 nos 21st Campionatos de Europa LEN KAZAN 2021 de piscina corta. Será, sobre todo, unha cita de preparación para o equipo nacional absoluto que, no plano internacional e tras un esixente ano olímpico, ten posto o foco na tempada en piscina larga, na que se celebran os Campionatos do Mundo FINA en maio en Fukuoka, e os Campionatos de Europa LEN, en agosto en Roma.Paula está recén chegada a este equipo absoluto despois dunha gran tempada de éxitos na categoría junior, e como tal este será para ela un campionato de grandes experiencias e aprendizaxes. A adestradora do CGTD, Luisa Domínguez, acompañará ó equipo nesta nova aventura na que Paula terá a oportunidade de darlle pistoletazo de saída á que esperamos sexa unha boa primeira tempada de cambio de grupo competitivo.O calendario de probas de Paula Otero será o seguinte: martes día 2 nadará a proba de 800 libre, o xoves 1500 libre, sábado 200 libre, e rematará o domingo día 7 coa proba de 400 libre. O evento será retransmitido en directo en Teledeporte en horarios de 8:00 e 16:30

 

social youtube xornalgalicia   feed-image