Imprimir

moción de censura en O Porriño

Información
Agenda de Galicia | 08 Noviembre 2021 | 1388 Votos
Diante da noticia da apertura de negociacións de Eu Son co PP para unha moción de censura no Porriño, desde Máis Porriño queremos esixir de Eu Son que o seu apoio non saia gratis o PP
 
Esiximos por tanto que se marquen unhas liñas vermellas ben definidas 
1- Eu Son non pode entrar no goberno municipal co PP, seus votos só poden valer para botar a peor alcaldesa que tivo o Porriño en toda a sua historia
2- Eu Son ten que poñer condicións que beneficien o pobo, non vale de nada a moción se o pobo queda bloqueado, polo tanto ten que trocar os votos por acordos e no por postos, sendo prioridade o seguinte:
a) Crear unha partida extraordinario de axudas sociais para combatir a pobreza enerxética, para as familias con ingresos inferiores ós 1.000 euros, e para os veciños e veciñas sin teto 
b) Potenciar con inversión o autoconsumo enerxético, tanto en axudas os particulares como nas propias edificacións municipais
c) Crear unha partida de axudas, e unhas normas municipais encamiñadas a potenciar o pequeno comercio local 
d) Comenzar a encamiñar o marco necesario para a creación dun parque de vivenda pública municipal
e) Contratar tres psicólogos que podan axudar a cualquier veciño ou veciña que o precise e que agora mesmo non existen no concello
f) Crear unha comision de análisis e asesoramento para establecer no concello unha pauta favorable ás empresas a para establecer de forma xeneralizada unha xornada laboral de 4 días ou 32 horas 
 
Coordinadora Máis Porriño 
social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría de nivel principal o raíz: Localidades de Galicia
Categoría: Agenda de Galicia
Visto: 1388