Información
Agenda de Galicia

"Tequila" o grupo liderado por Ariel Roth e Alejo Stivel actuarán a noite do martes 14 de agosto no Parque na Xunqueira

Información
Localidades de Galicia 13 Mayo 2018 1385 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
O cartel de concertos das Festas de San Roque 2018 ten xa a súa primeira confirmación: "Tequila" o grupo liderado por Ariel Roth e Alejo Stivel actuarán a noite do martes 14 de agosto no Parque na Xunqueira para facer cantar e bailar ao público con temas tan coñecidos e que forman parte do imaxinario público como "Salta" ou "Rock&Roll en la plaza del pueblo". A entrada, como é habitual, será libre e de balde.
12.06.2018.- Tequila foi unha das bandas de rock míticas dos primeiros anos da democracia en España. Fundado en 1975, o grupo hispano arxentino, foi todo un referente da Movida Madrileña que ata o ano 1982 viviu unha primeira etapa de gran éxito con temas que xa forman parte da historia musical da época como os xa mencionados e outros como "Dime que me quieres", "Que el tiempo no te cambie". Ademais de Roth e Stivel, a banda estaba formada por Felipe Flipe, Julián Infante e Manolo Iglesias.

A formación fundada polo Roth e Stivel volveuse a xuntar no 2008, sen os xa finados Infante e Iglesias,para publicar un novo disco e levar a cabo a xira "Vuelve Tequila" que se prolongou durante dúas temporadas. Os dous músicos continuaron uns anos coas súas carreiras en solitario en polo 2017 volvéronse a xuntar. Este verán, Tequila ofrecerá un dos concertos principais das festas de San Roque en Vilagarcía e interpretará temas como "Quero besarte", "Me vuelvo loco" ou "Mira a esa chica".
Otros articulos relacionados.....