Información
Agenda de Galicia

d'A Panadaría, De Vacas, Marianella Morena, Natalia Menéndez, Laila Ripoll, Cristina Collazo, La Nórdika ou Lali Álvarez en Ribadavia

Información
Localidades de Galicia 15 Junio 2018 2221 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A MIT presenta o programa da súa 34ª edición, cun total de 21 representacións e un reforzo de espectáculos de rúa.

 

O espectáculo de inauguración será Commedia, un xoguete para Goldoni, estrea absoluta e coprodución entre a MIT e a compañía de Cándido Pazó, para despois xirar por outros festivais de verán e teatros do país. O de clausura será a estrea en Galicia do espectáculo inglés The Table, de Blind Summit, premio do Festival Fringe de Edimburgo e un dos mellores espectáculos do mundo segundo varios medios como Guardian, Sunday Telegraph ou Chicago Sun Tribune, entre outros galardóns.

A MIT tamén se congratula de anunciar a estrea en España dos espectáculos internacionais La Goia, do gran artista italiano Pippo Delbono e Ella sobre ella, da recoñecida directora e dramaturga uruguaia Marianella Morena. Dous grandes nomes do teatro contemporáneo internacional, como é costume no festival, que en cada edición reserva un apartado para os artistas escénicos internacionais máis destacados.

No programa de 2018, sen obviar o criterio de calidade, a MIT demostra o compromiso de igualdade asinado na pasada edición cos Tempadas de Igualdade, como se pode ver nos espectáculos asinados polas creadoras d'A Panadaría, De Vacas, Marianella Morena, Natalia Menéndez, Laila Ripoll, Cristina Collazo, La Nórdika ou Lali Álvarez.

Do conxunto do estado, preséntase unha escolma dos mellores traballos escénicos do ano en diversos formatos, pois a diversidade de linguaxes e estilos é un dos selos de calidade da MIT. Así haberá circo, teatro musical, teatro documento, drama e comedia procedente de Asturias, Andalucía, Cataluña, Madrid, Comunidade Valenciana, Extremadura ou Castilla La Mancha. No ámbito internacional, con procedencia de Reino Unido, Italia, Portugal, México e unha mirada especial á creación actual da dramaturxia uruguaia, coa presentación da obra de Marianella Morena e Sergio Blanco.

O programa complétase con cursos, obradoiros, conferencias, presentacións de libros e espectáculos en lugares insólitos, entre os viñedos do Ribeiro e en zonas do rural, dentro do espazo SputMIT, satélites da MIT para poñer en valor a arte no marco excepcional da paisaxe do Ribeiro.

A comedia musical, as linguaxes híbridas da escena actual e a diversidade son as liñas mestras que conforman o programa desta 31ª edición da MIT.

En 1993, na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, estreábase “COMMEDIA un xoguete

para Goldoni” un espectáculo que acabou sendo un dos fitos do teatro galego. Máis de 200 funcións

en xira por España, Portugal e Francia. Hoxe, 25 anos despois, repetindo no posible o mesmo

equipo creativo, revisitamos aquela experiencia, celebramos aquela festa teatral.

Festiva e musical tamén é “Mendoza”, da compañía mexicana Los Colochos. Corren os tempos da Revolución mexicana, a ambición polo poder enseñoréase no territorio nacional. Neste contexto o Xeneral José Mendoza recibe os tentadores vaticinios dunha vella bruxa, os mesmos que son exacerbados pola súa persuasiva muller. É así como empeza unha cadea de sangue que parece non ter fin.

“Mendoza” é un proxecto feito para a xente do común, realizouse facendo ensaios en casas de persoas que non teñen unha relación directa co feito teatral e analizando as súas opinións. Mendoza permítenos achegarnos a un clásico a través dos nosos propios referentes. Nese sentido, calquera persoa pode observar, entender, conmoverse e gozar desta montaxe. A Compañía Los Colochos fundouse en 2010 en México e en menos dunha década converteuse nun referente da escena iberoamericana grazas a unha filosofía que aposta por facer accesible o teatro a todas as capas da sociedade. Este espectáculo está a ter unha gran proxección mundial e conseguiu o Premio AlmagroOFF 2014.

E seguindo co rito liberador, musical e festivo, A Panadaría, que presenta “Elisa e Marcela”. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento. “Elisa e Marcela” é unha historia de amor a contratempo, gran trinfadora dos Premios María Casares do Teatro Galego e outros como o I Premio Luísa Villalta para Iniciativas Culturais pola Igualdade ou o XIV Premio LGBT Marcela e Elisa do Colectivo ALAS.

Nesa liña musical, cabe descatar a versión do conto O gato con botas, que presenta a compañía A cova das letras, de Cristina Collazo, que na representación do festival contará co acompañamento musical en directo da Banda La Lira de Ribadavia, unha das principais institucións musicais de Ribadavia e unha conexión coa realidade local, que pon en valor a comunidade e o contexto. Tamén na esfera musical, cabe destacar a presentación do asturiano Rodrigo Cuevas ou da banda De Vacas.

En torno á historia, a memoria e a escena creada a partir de feitos reais, debemos sinalar unha serie de espectáculos imprescindibles. A gran actuación e o potente espectáculo “Ragazzo” (a partir do suceso do asasinato de Carlo Giuliani no cumio do G8 en Génova no ano 2001), da catalana Lali Álvarez, o novo espectáculo de Laila Ripoll “Donde el bosque se espesa”, enmarcada no proxecto europeo HORIZON 2020 e UNREST para a memoria e a cohesión social transnacional europea e o espectáculo “Tebas Land”, un potente texto do franco-uruguayo Sergio Blanco, magnificamente interpretado e dirixido pola que foi directora do festival de Almagro, Natalia Menéndez.

Ademais dos espectáculos do Castelo, a MIT 2018 presenta un conxunto de espectáculos de rúa de gran nivel e cunha importante nómina de premios que avalan a súa calidade e recoñecemento do público. Dende a Comunidade Valenciana, o espectáculo de circo e obxectos “Emportats”, de La Trócola, Premio FETEN. Dende Andalucía, unha xoia que fusiona danza e circo, dirixido pola grande Rosa Díaz, fundadora de La Rous e unha das grandes mestras do teatro familiar e visual, “Rojo Estándar”, de LaNórdika. Io Circo e Inventi Teatro (teatro nun autobús, entre as viñas do Ribeiro) de Galicia, Musicoloco de Extremadura ou o submarino portugués de Ez, son outras das moitas propostas de rúa que nos esperan nesta nova edición da MIT.

No apartado internacional, ademais dos xa citados, cómpre destacar a presenza de tres grandes referentes do panorama escénico actual. Pippo Delbono, a emerxente creadora uruguya Marianella Morena e a compañía Blind Summit Theatre do Reino Unido.

The Table”, de Blind Summit é un multi-premiado espectáculo de marionetas épicas, inspirado por Beckett, a Biblia e IKEA.Único e extremadamente divertido, THE TABLE é unha demostración da arte do títere e da improvisación cunha marioneta como nunca se viu antes.

Pippo Delbono, por outro lado, é un prestixioso creador escénico italiano, que visita por segunda vez Galicia, despois do seu aplaudido paso pola MIT co espectáculo “Raconti di giugno”. Neste “La Gioia” (estrea en España), o elenco é moito máis numeroso e nel crea un espectáculo visual e conceptual a partir da idea de felicidade. Afirma Delbono, “cada espectáculo pode ser unha viaxe, un cruce de situacións, de estados de ánimo, diferentes intuicións que te collen por sorpresa. Facer un espectáculo sobre a ledicia significa buscar esa circunstancia única, significa cruzar os sentimentos máis extremos, a angustia, a felicidade, a dor, o entusiasmo, para tratar de encontrar, finalmente, nun instante, a explosión desta alegría.” Os actores de Delbono levántanse no escenario un tras outro e toman, cada un co seu sentir diferente, ao público pola man e convérteno nun compañeiro de viaxe. As historias persoais, as máscaras, os bailes, as pallasadas, os recordos son imaxes fugaces de persoas en busca de alegría.

Marianella Morena, en “Ella sobre ella” (estrea tamén en España) tráenos un traballo escénico realizado a partir da personaxe histórica Carlota Ferreira (1838-1912), en diálogo co hoxe, co agora, establecendo unha ponte coa historia, a arte, as mulleres, as regras e morais, o erotismo e as convencións que pautan unha época, pero que unha muller se anima a desafiar. Coñecemos a súa imaxe porque o “pintor da Patria”, Juan Manuel Blanes, a inmortaliza, pero é o seu ollo sobre un corpo, é a mirada dun home sobre unha muller. Ningún artista é obxectivo, a arte é iso: transformar a realidade para crear universos paralelos. Esta peza transita por diferentes técnicas contemporáneas que van desde a escena teatral, a música, a performance, o TED e as artes visuais. Trasladamos a súa irreverencia ao acontecemento escénico. Un acto erótico, político, vivo, cuestionador, que usa os recursos ao servizo do relato e a actriz. Cun público activo, ao estilo e co ton das rapeiras contemporáneas, ela invítanos a dubidar sobre o peso das herdanzas e as dificultades para ser libres.

Ademais dos espectáculos, o intenso programa de 10 días do festival, conta con presentacións de libros, conferencias, coloquios, encontros e cursos, así como outras actividades que se irán presentando con máis detalle.

A venda de entradas comeza o día 15 de xuño a través da páxina web de Ataquilla e na oficina do festival (Praza Maior de Ribadavia) a partir do 9 de xullo. A venda de abonos, dende o día 15 de xuño e ata o 6 de xullo nos teléfonos 988471900 e 988472056 ou na Casa da Cultura de Ribadavia. Os abonos permiten obter o desconto para un espectáculo, pois a totalidade para todos os espectáculos sería de 69€ e o abono da MIT 2018 para todos os espectáculos custa 62€ por persoa. As entradas individuais,7€ e 5€ con desconto e os espectáculos de inauguración e clausura, 10€ e 8€ con desconto.

Toda a información en: www.mitribadavia.com

Tamén nas redes sociais da MIT:

@MITRibadavia

Facebook // Twitter // Instagram

email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Tel. 607332032

PROGRAMA MIT 2018

Día 13 // venres Pre-MIT

23:00h – Auditorio do Castelo – Non se chora – Teatro do Vilar (Apoio da MIT ao teatro afeccionado de Ribadavia)

Día 14 // sábado

21:00 Inauguración oficial da MIT 2018. Actuación de De Vacas.

21:45 Entrega do Premio de Honra “Roberto Vidal Bolaño” ao mérito nas artes escénicas.

23:00h – Auditorio do Castelo – Commedia, un xoguete para Goldoni – Contraproducións, en coprodución coa MIT Ribadavia – Galicia. (Estrea absoluta)

1:00 – Praza Maior (Ruadavia) – Tour Vacanal 2018 – De Vacas – Galicia.

Día 15 // domingo

13:00 – San Cristovo (Programa SputMIT – satélites da MIT) – Contiguo – IO Circo – Galicia.

16:30 – 19:30 Obradoiro con Marianella Morena (Uruguay).

20:00 – Alameda (Ruadavia) –Emportats– La Trocola – Valencia.

21:30 PRESENTACIÓNS NA MIT: Presentación do libro Confio-te o meu corpo. A dramaturgia pós-dramática, de Afonso Becerra de Becerreá. Presenta: Tiago Guedes (Director do Teatro Municipal Rivoli do Porto, Portugal). Salón de Actos do Concello, Praza Maior.

23:00 – Auditorio do Castelo – La Gioia – Pippo Delbono – Italia

Foros MIT: coloquio pos-función no Patio da Oficina de Turismo.

Día 16 // luns

10:00 – 14:00 – Obradoiro con Laila Ripoll, en colaboración con AISGE e AAAG – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura.

20:30 – Francelos (Programa SputMIT – satélites da MIT) – A gata con zocos – A Cova das Letras e Banda La Lira de Ribadavia – Galicia.

23:00 – Auditorio do Castelo – Ella sobre ella – Marianella Morena – Uruguay.

Foros MIT: coloquio pos-función no Patio da Oficina de Turismo.

Día 17 // martes

10:00 – 14:00 – Obradoiro con Laila Ripoll, en colaboración con AISGE e AAAG – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura.

20:30 – Praza Maior (Ruadavia) – Musicoloco – Fuman Artist – Extremadura.

23:00 – Auditorio do Castelo – Donde el bosque se espesa – Micomicón Madrid.

Día 18 // mércores

10:00 – 14:00 – Obradoiro con Laila Ripoll, en colaboración con AISGE e AAAG – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura.

20:00 – Praza Maior (Ruadavia) – Ez Sub – Projeto EZ – Portugal.

21:30 PRESENTACIÓNS NA MIT: Presentación do libro Poesía, de Roi Vidal (Premio Abrente de textos teatrais 2017). Salón de Actos do Concello, Praza Maior.

23:00 – Auditorio do Castelo – Mendoza – Los Colochos – México.

00:30 – Praza Maior (Ruadavia) – Ez Sub – Projeto EZ – Portugal.

Día 19 // xoves

10:00 – 14:00 – Obradoiro con Laila Ripoll, en colaboración con AISGE e AAAG – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura.

20:00 – Sampaio (Programa SputMIT – satélites da MIT) – A tropa do Doutor Milagre – Inventi Teatro – Galicia.

21:00 COLOQUIO: “A situación da creación escenográfica en Galicia na actualidade”. Intervirán: Baltasar Patiño, Carlos Alonso, Suso Montero, Montse Piñeiro, Laura Iturralde, Diego Valeiras e José M. “Coti” Faro.

23:00 – Auditorio do Castelo – Tebas LandEuroscena – Castilla La Mancha e Madrid.

Foros MIT: coloquio pos-función no Patio da Oficina de Turismo.

Día 20 // venres

10:00 – 14:00 – Obradoiro con Laila Ripoll, en colaboración con AISGE e AAAG – Auditorio Manuel María da Casa da Cultura.

12:00 – Resolución do 13º Premio Abrente – Salón de actos do Concello de Ribadavia (Praza Maior).

20:00 – Santo André (Programa SputMIT – satélites da MIT) – A tropa do Doutor Milagre – Inventi Teatro – Galicia.

21:00 CONFERENCIA: “A escenografía en España hoxe”. José Luis Raymond, Presidente da AAPEE (Asociación de Artistas Plásticos Escénicos de España) e comisario da exposición “Spain on Stage”. Igrexa da Madalena.

23:00 – Auditorio do Castelo – Ragazzo – Teatre Tot Terreny – Cataluña.

Foros MIT: coloquio pos-función no Patio da Oficina de Turismo.

Día 21 // sábado

13:30 PRESENTACIÓNS NA MIT: Lectura dramatizada e presentación da edición na Erregueté (Revista Galega de Teatro) da obra Arquivos de realidade (mención Premio Abrente 2015), de Julio Fernández e Paco Oti.

21:00 – Alameda (Ruadavia) – Rojo estándar – La Nórdika – Andalucía.

23:00 –Auditorio do Castelo – Elisa e Marcela – A Panadaría – Galicia.

1:00 – Praza Maior (Ruadavia) – El mundo por montera – Rodrigo Cuevas – Asturias. (Colaboración e apoio da MIT ao proxecto Arteficial)

Día 22 // domingo

12:00 ENCONTRO con Escena Galega. Foro aberto para a presentación de compañías. Salón de Actos do Concello. Praza Maior.

20:30 – Praza Maior (Ruadavia) – Malabreikers – Malabreikers – Madrid.

23:00 – Auditorio do Castelo – The TableBlind Summit Theatre – Reino Unido.

PROGRAMA 34ª MOSTRA INTERNACIONAL DE TEATRO DE RIBADAVIA 2018

Dossier con información completa de cada espectáculo:

https://www.dropbox.com/s/obkgpk8yevd5x86/Fichas%20espect%C3%A1culos%20MIT%202018%20DOSIER%20DE%20PRENSA.doc?dl=0

DESCARGA DE PRESS KIT:

https://www.dropbox.com/sh/gbkjxk6mf1t4owx/AABfStXRhez12rWJjKnfWhAWa?dl=0


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 150.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE OCHO AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 
Según Javier Marzal Mercader  los funcionarios públicos han creado un nuevo negocio que consiste en recibir indemnizaciones por denunciar que han sido injuriados (insultados) o calumniados (acusados de haber cometido un delito a sabiendas de su falsedad) ver artículo completo..(+).

ARDICES DOCUMENTALES DE LOS SERVICIOS ADMINISTRATIVOS PARA QUE PROPEREN LAS QUERELLAS CRIMINALES CONTRA MIGUEL DELGADO antecedentes y hechos literales documentados en resoluciones oficiales de la Xunta de Galicia

La notoriedad y el «negocio» de las querellas - ABC.es

La Sala Segunda del Supremo no se cansa se aclarar que no se puede basar una querella en recortes de prensa, un aldabonazo que ha recibido más de una vez la acusación popular por excelencia:

Finales del año 2017,-   Lo   Publicado por Xornal Galicia con los pdf descargables a finales del año 2017 meses antes de la "trama administrativa orquestada para que prosperara la querella criminal en manos de la Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela ..   

15 de Marzo de 2018.- El día 15 de Marzo de 2018 Miguel Delgado presenta escrito de información pública PR-100A que es respondido por el 22 de Marzo de 2018 Secretario xeral Técnico de Sanidad-Sergas Sr Alberto Fuentes Losada el dia 22 de Marzo de 2018 suspendiendo el plazo para notificar al Sr Rafael Álvaro Millan Calenti. Copia descargable. 

23 del Marzo de 2018 .- Justo un día después de estas fechas el Sr Rafael Álvaro Millan Calenti presenta querella criminal contra Miguel delgado, sumándose asi a su excompañera de trabajo Sra Mar Sierra en SanidadCopia descargable. 

2 de Abril de 2018.-  se emite certificación de ACTO PRESUNTO del silencio administrativo producido.Copia descargable. 

18 del Mayo de 2018.-  El Secretario Xeral Técnico emite resolucion informando de las subvenciones públicas que recibe el Sr calenti desde la Xunta a la UDC donde es profesor asociado a la UDC que dice ;Copia descargable. 

Expediente AGRUP 2015/15 CICA-INIBIC, onde José Carlos Millán Calenti é coordinador dun dos 22 grupos que compoñen a agrupación,importe total concedido a agrupación 500.000 € (en tres anualidades: 100.000 € no ano 2015, 250.000 no ano 2016 e 150.000 no ano 2017) Copia descargable. 

...., en relación có expediente GPC 2014/082 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 70.000 € (en tres anualidades: 17.500 € no ano 2014 e 2016 e de 35.000 € no 2015) (DOG núm. 202, 24.11.2017), en relación co expediente grupo referencia competitiva ED431C 2017/49 no que figura como coordinador do grupo José Carlos Millán Calenti, importe total concedido 200.000 € (en catro anualidades, do 2017 ao 2020, por importe cada unha delas de 50.000 €).Copia descargable. 

22 de Mayo 2018 ,- es admitida a trámite la querella criminal La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago de Compostela Ana López-Suevos Fraguela contra Miguel delgado.- Copia descargable. 

03 de Agosto de 2018.-  curiosamente sin que nadie lo pidiese NI SOLICITASE y admitida la querella criminal por los datos certificados por el mismo , Secretario de Universidades Sr José Alberto Díez de Castro emite un nuevo certificado, desdiciendose de los anteriores en base a un supuesto error, afirmando que el Sr Millán Calenti no recibió ninguna subvención pública ni pertenece a ningún equipo de investigaciónCopia descargable. 

Solicitada petición expresa de que notificara al juzgado el "presunto error" se ha negado a día de hoy ( para no "fastidiarle el trámite de la querella criminal al Sr Rafael Álvaro Millán Calenti ), con lo que la querella sigue en curso procesal. Copia descargable.

Ver últimas amenzas de más querellas criminales contra Miguel Delgado. Se suma Jesús Palmou y Enrique Losada Puerto Coruña..(+)

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamaño
Descargar este archivo (35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF)35 - Auto de Apertura J. Oral - 26-06-19.PDF   168 kB
Descargar este archivo (36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF)36 - Emplaza a Delgado para comparecer con nuevo abogado o turno - 04-07-19.PDF   153 kB
Descargar este archivo (actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf)actoconciliacionprevioquerellajesuspalmou.pdf   186 kB
Descargar este archivo (burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf)burofax-amenazadequerella-EnriqueLosada-PresidentePuertodeAcoruna.pdf   221 kB

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+