Información
Agenda de Galicia

O VI ISMS converte a Vigo na capital mundial das ciencias mariñas

Información
Localidades de Galicia 15 Junio 2018 1688 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Reunirá os días 20, 21 e 22 de xuño no Auditorio Mar de Vigo a arredor de 500 investigadores e investigadoras de 14 países

 

Vigo, 15 de xuño de 2018.- Vigo converterase no epicentro das ciencias mariñas por uns días. Arredor de 500 investigadores e investigadoras de 14 países daranse cita os vindeiros 20, 21 e 22 de xuño no Auditorio Mar de Vigo no VI International Symposium on Marine Sciences, a cita máis importante para as ciencias mariñas en España, xa que por primeira vez aglutina nun mesmo sitio e data a seis simposios de referencia internacional: ISMS, EOF, Siquimar, Redibal, ISC CDM e o workshop Patrimonio Cíes. Promovido pola Conferencia de Decanos de Ciencias do Mar de España e as universidades de Vigo, Valencia, Gran Canaria, Barcelona, Cádiz e Alacante, CSIC e Instituto Español de Oceanografía, o ISMS conta tamén nesta edición coa colaboración do Concello de Vigo.

"Estamos ante un congreso de gran importancia a nivel mundial e no eido das ciencias mariñas Vigo ten un ámbito de excelencia e aos mellores investigadores e investigadoras do mundo", salientou alcalde de Vigo, Abel Caballero, que quixo tamén "agradecer aos comités organizadores de cada un dos simposios a súa implicación, o seu traballo e o enorme esforzo que veñen realizando ao longo destes meses, asegurando así a máxima calidade científica do evento nunha contorna incomparable". Fíxoo durante a presentación do ISMS no Concello de Vigo, na que estivo acompañado polo reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa; pola Vicerreitora de Investigación e coordinadora do simposio, Belén Rubio; e pola decana da Facultade de Ciencias do Mar, Ana Bernabeu.

O reitor, Manuel Reigosa, aproveitou a oportunidade para salientar a importancia do mar e das ciencias mariñas para a Universidade de Vigo, que crece ao carón "dunha ría que cimenta á cidade e á universiade". Pola súa banda, Belén Rubio, vicerreitora de Investigación e coordinadora do ISMS, destacou a importancia dos seis conferenciantes plenarios, Óscar Romero, Jörg Schäfer, Aída Alvera, Marina Montresor, Jorge Cortés e Ricardo Torres.

Tres días e seis congresos

Vigo será durante tres días punto de encontro entre persoas investigadoras, expertos e expertas, alumnado e profesionais do ámbito das ciencias de ata 74 cidades de países como España, Portugal, México, Colombia, Costa Rica, Arxentina, Chile, Perú, Reino Unido, Alemaña, Irlanda, Países Baixos, Brasil, Italia e Tunisia. Con 420 comunicacións e pósteres, o ISMS servirá de un escaparate dos avances científicos que se están a conseguir en distintos eidos.

Aínda que ten un marcado carácter científico, o simposio tamén terá unha parte aberta ao público: a cidadanía poderá participar na mesa de debate ‘A muller e a ciencia’, que se celebrará o xoves 21 ás 19.30 horas, ou no workshop Patrimonio Cíes.

O ISMS é o paraugas baixo o que se porán en marcha seis simposios:

O ISMS, onde investigadoras e investigadoras do sector terá a oportunidade de expoñer os resultados e conclusións dos seus estudos en diferentes áreas de investigación mariña e onde o alumnado poderá difundir os resultados dos seus traballos de Fin de Grao ou de Máster.

EOF, o Encontro da Oceanografía Física 2018. Organizado polas universidades de Vigo, Las Palmas de Gran Canaria e Aveiro, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO), permitirá á comunidade de la Oceanografía Física española e portuguesa divulgar os últimos avances alcanzados, establecer sinerxías e crear unha valiosa rede de colaboracións.

SIQUIMAR, o Seminario Ibérico de Química Mariña, que constitúe unha continua entre científicos españois e portugueses que empregan a química e as súas ferramientas para o estudo dos procesos mariños.

REDIBAL. XIII Reunión Ibérica de Algas tóxicas e biotoxinas mariñas. Busca a transferencia de coñecemento entre investigadores para enfrontar novos retos e futuros desafíos vencellados coas microalgas nocivas mariñas.

ISC CDM. Campus do Mar ISC’18, organizado polo Campus do Mar da Universidade de Vigo, preséntase como un valioso foro para debatir novos progresos en investigación, tecnoloxía e xestión mariña.

Monográfico sobre a candidatura das Illas Cíes, que ten por obxectivo seguir apostanto polo fortalecemento científico da candidatura das illas a Patrimonio da Humanidade, un dos piares e fortalezas do proxecto. O VI ISMS rematará cunha saída de campo ás illas Cíes na que varios expertos e expertas explicarán aos participantes distintos aspectos do arquipélago que axudarán a mellorar o coñecemento científico sobre este Parque Nacional.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+