Información
Agenda de Galicia

30 naturalistas coñecen a biodividersidade da serra courelá

Información
Localidades de Galicia 18 Junio 2018 1750 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Participantes no bioblitz celebrado na Estación Científica do Courel

Máis de 30 naturalistas especialistas e afeccionados procedentes de diversas localidades galegas participaron a pasada fin de semana no Bioblitz Courel, unha actividade xestionada pola Estación Científica do Courel dependente da USC e promovida en colaboración coa Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Folgoso do Courel, entre outras entidades.

 

 

Esta experiencia de turismo científico ou actividade de prospección intensiva durante un período de 24 horas consecutivas (día e noite) da biodiversidade de varios espazos da comarca courelá,  contribuíu a que homes e mulleres, estudosos e afeccionados ao coñecemento e ao respecto pola natureza afondaran no coñecemento da rica biodiversidade que agocha esta contorna da montaña luguesa, a través dun programa ameno y respectuosa co medio, xa que todas as observacións foron exclusivamente fotográficas. O inventario resultante da flora, fauna e da micobiota dos espazos estudados faranse públicos e poderán consultarse na plataforma de internet INauralist.

 

O director da Estación Científica do Courel, o catedrático da USC Antonio Rigueiro Rodríguez; o deputado provincial delegado da área de Turismo da Deputación Provincial de Lugo, Eduardo Vidal Baamonde, a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro, e o técnico e estudoso micolóxico Julián Alonso, foron os responsables de dar a benvida aos participantes nesta singular experiencia de turismo científico no marco dun acto inaugural celebrado nas instalacións da Estación Cientítica do Courel.

 

O Bioblitz do Courel é unha das actuacións contempladas no convenio que vén de renovar o grupo de Sistemas Silvopastorais do Campus Terra da USC e a Deputación Provincial de Lugo, que financia este proxecto cunha achega de 40.000 euros, e a través do que se procura avanzar na promoción e valorización do turismo e dos recursos micolóxicos e naturais no xeodestino Ancares-Courel, segundo sinala o catedrático da USC e director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro Rodríguez.


Outras imaxes

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+