Información
Agenda de Galicia

336 fogueiras encenderanse na cidade e no rural de Lugo na noite máis máxica do ano, a de San Xoán

Información
Localidades de Galicia 22 Junio 2018 2302 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Un total de 336 fogueiras encenderanse na cidade e no rural de Lugo na noite máis máxica do ano, a de San Xoán. O Concello vén de autorizar este número de fogatas do Lume Novo, que deben axustarse ás normas que establece o bando ditado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

 

Entre ditas normas, ademais de contar coa debida solicitude, figura a prohibición de queimar rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos tóxicos e o lanzamento de foguetes.

Do mesmo xeito, as fogueiras non se poderán facer en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo, así como no casco histórico. As persoas responsables e organizadoras de cada fogueira deben retirar do lugar da celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

O Concello lémbralle á cidadanía que en caso de incumprimento do indicado ou ante queixas fundamentadas da veciñanza, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a sufocar a fogueira. Ademais, os Bombeiros contarán cun reforzo para poder dar resposta a calquera incidencia que poida xurdir.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....