Información
Agenda de Galicia

750 atletas na Vigo Battle of Teams de crossfit, récord europeo

Información
Localidades de Galicia 17 Julio 2018 1641 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

O rexedor, acompañado por Gustavo Veloso, Oty Viera e Pili Vázquez, membros da organización, e polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, anunciou que son 750 os participantes que acudirán a Vigo fronte aos 188 da primeira edición ou o medio milleiro do ano pasado.

"É unha efeméride dunha importancia capital en Vigo, isto vai ser apoteósico e quéroo transmitir así. Ao final é nadar, saltar, correr, halterofilia, ximnasia... Aquí estarán os top de todo isto", explicou o xefe do goberno local. De feito, non hai outra igual en Europa.

Considerado un "deporte duro e de fortaleza extrema" polo alcalde, haberá cinco categorías (Intro, Prol, RX e Elite, ademais da Máster), unha máis que en 2017.



"É a proba máis importante que hai en España e querémonos converter nos mellores de Europa?, manifestou abertamente o alcalde, que considera a Vigo Battle como un trofeo "de rango internacional: interveñen atletas de seis países e isto ten un nivelazo", subliñou. En 2017 viñeron equipos estranxeiros. E o boom foi tal que nesta oportunidade serán de seis países (España, Francia, Bélgica, Andorra, Italia e Portugal).

Veloso, pola súa banda lembrou que "empezamos aos poucos, de forma humilde", cunha idea que funciona. "En agosto un deportista de crossfit non está no seu mellor momento de forma física porque xa témolo competindo, pero ao darlle forma social e turística campionato a xente anímase máis".

E o evento converteuse nunha cita deportiva e turística a partes iguais. "Aos atletas encantoulles a cidade, a comida, o clima e a competición". E quédanse da orde de catro a seis días coa familia.

Este ano a inscrición estaba pensada para medio milleiro de participantes, pero diante da avalancha de solitudes (1.500), a organización optou por ampliar a cota de equipos inscritos na fase previa, é dicir, "a metade dos que se apuntaron".

Outra novidade é a incorporación do trail, en Fragoselo e co visto bo da comunidade de Montes. Serán "catro ou cinco quilómetros; que xa se fan bastante duros cos desniveis que ten". O reto de Veloso é "tentar facelo ben. Quero que sexa o mellor Campionato de Europa", dixo, para traer 1.000 atletas en 2019.

O crossfit é un tipo de adestramento intenso e variado. Os participantes terán que nadar, correr, saltar, facer exercicios de halterofilia, de ximnasia... Esta disciplina nútrese especialmente do atletismo, ximnasia, halterofilia e natación.

O venres 3 arrincará a competición no campo de fútbol de Samil con probas ás 12:00 e ás 16:00 horas, o sábado ás 8:00 horas estarán nadando na praia e ás 11:00 e ás 15:00 horas competindo de novo no complexo. E o domingo, o trail ás 8:00 e as finais no campo de fútbol ás 11:00.

Otros articulos relacionados.....
19 Abr 2019 11:30

Más de una veintena de barcos se disputarán el Trofeo Comunica...

Agenda de Galicia
19 Abr 2019 10:19

 

El Real Club Deportivo emitirá este domingo, por...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 14:55

O VIII Festival Primavera do Cine proxectará 10 longametraxes...

Agenda de Galicia
17 Abr 2019 13:57

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou na súa sesión...

Agenda de Galicia

caion laracha evaristo alcalde hermanoscalatrava


La Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesquero de Galicia ha interpuesto a través de un prestigioso gabinete de bogados especializados en asuntos de la administración pública, querella criminal contra el Alcalde de Laracha y subsiadiariamente contra todo su grupo de gobierno en el Concello de A Laracha y Evaristo Lareo Viñas en su condición de Presidente del GAC3 sito en Buño, por haber cometido presuntamente varios delitos penales a lo largo de los últimos diez años entre los más graves, de prevaricación, electorales, medio ambiente, contra el territorio, etc, en la misma constan hechos de verdadera "TRACA CARNAVALESCA" en la que se acredita como Evaristo Lareo Viñas compra con fondos europeos un monocular térmico de visión nocturna por 3.626, 37 euros, para tener bajo control presuntamente un Solar de 15 mil metros cuadrados que recalificó en conveniencia con el Alcalde Popular para acometer un

lineaazul 1600

Estrenos de Cine y Televisión

Siguenos en  -        -  -   Contacte (+) -  feedimagePublicidad +  -  Legal Proteccion de Datos UE.(+)