vinculados a feijoo pretenden cerrar Xornal Galicia a base de querellas criminales y meter en la carcel a su director

 

Información
Agenda de Galicia

Revoltallo cumpre 25 anos como referente da música emerxente na provincia

Información
Localidades de Galicia 06 Septiembre 2018 2170 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

"Este é un dos festivais que contan con apoio da Deputación por cumprir requisitos como o de organizar actividades tanto para a mocidade como para a cativada e o público adulto, por apostar pola igualdade de xénero e polo uso da lingua galega, e por ser un evento que xurde do propio tecido asociativo da parroquia" afirmou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, esta mañá na presentación da XXV edición do Festival de Música Emerxente Revoltallo.

O deputado nacionalista referíase así á liña de subvencións para festivais de música en galego, a través da cal o seu departamento fomenta aqueles festivais que apostan pola música en lingua galega e incorporan actividades complementarias para unha ampla diversidade de públicos. Na presentación, Xosé Leal estivo acompañado pola presidenta do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, Ana Pérez, e polas organizadoras do cartel deste ano Sara Alonso e Yolanda Martínez.

O cartel, encabezado por Skandalo GZ o venres e por Terbutalina o sábado, completarase con grupos emerxentes locais, con actividades familiares e con varios obradoiros. Sara Alonso explicou que seguindo a mesma liña da traxectoria do festival se deu cabida a todos os estilos musicais, desde o trap en galego ata a música clásica ou os grupos instrumentais. Así, o cartaz desta edición, que se celebrará na Carballeira do Pedregal desde o venres 7 ata o domingo 9, inclúe a Fanafarria Taquikardia, Son Trío, Boyanka Kostova, Cuarta Xusta, Blues do País, Treintañeras Cañeras, Cé Orquesta Pantasma, The Lelli Kelly's, The Manueles e DJ América. "Eu teño 25 anos igual que o Festival, polo que nacín e medrei co Revoltallo e vendo como ao longo deste tempo foi ofertando música emerxente para todos os públicos e o que pretendemos este ano é que incremente a asistencia de público", asegurou Sara Alonso. Pola súa banda, Yolanda Martínez mencionou as actividades complementarias como son as que se organizan para os e as máis pequenas, no que denominou "o Revoltalliño", e que ademais de música tamén contempla espectáculos de maxia e de narración oral. Explicou, ademais, que os obradoiros nesta ocasión están orientados á percusión para fusionar ritmos galegos con ritmos doutras culturas, á música electrónica, e tamén ao canto e á técnica vocal "non só para persoas que cantan senón tamén para todo tipo de persoas que teñan que expresarse en público" indicou a organizadora.

 


La Magistrada del Juzgado Nº 1 de Santiago Ana López-Suevos Fraguela emite Auto de Procesamiento contra Miguel Delgado para darle proceso a la Querella de Mar Sánchez Sierra..."que exige 50.000 euros, y borrar toda la información pública del PPdeG su nombre y cargos públicos.."  y de postre METERLO EN LA CÁRCEL UN MÍNIMO DE DOS AÑOS Y MEDIO (+) por que...

Xornal Galicia esta libre de periodistas "mermeleros"..nos negamos a recibir fondos públicos a dedo y sin concurrencia pública "...(+)- Convenios...(+)  - Diario.es(+) - Xunta.(+) - XornalGalicia.(+) - Google...(+)  - Tercera...(+)  - Público.es(+)Cuac FM(+)  
Todas las querellas y denuncias contra Miguel Delgado y Pladesemapesga van encaminadas a que se borre la información veraz, constratada y documentada del Partido Popular de Galicia...SOS Internacional.+ 

 El Periodista Miguel Delgado pone en conocimiento de las Principales Organizaciones Internacionales de defensa de los periodistas los ataques contra su persona por Instituciones de Galicia por ejercer la libertad de Prensa.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+