Información
Agenda de Galicia

Remata o Nadal, mais a resaca lumínica non nos impide seguir querendo pular pola transformación social

Información
Localidades de Galicia 09 Enero 2019 398 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Logo de semanas de xuntarnos, trazar ideas, diseccionar orzamentos municipais, crear panxoliñas, repartir postais, desafinar nas rúas, turistear criticamente, xuntar forzas... vimos a necesidade de trazar un encontro no que poder entrelazar as fendas sociais municipais que fomos detectando nestes días de traballo colectivo. É por iso que propomos a creación dun espazo común no que partillar e dar a coñecer as diferentes experiencias e realidades entorno á situación dos Servizos Sociais do concello vigués.

 
Dende a Asemblea por un Vigo +Social convidámosvos a participar no faladoiro: “Servizos Sociais en Vigo, experiencias e propostas”. Será o venres 11 de xaneiro ás 18:00 na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa 2, Vigo). O faladoiro será dinamizado pola voz de diferentes profesionais que traballan no ámbito da intervención social. Contaremos coa presenza de:
 
- Alba P. Vaquero: traballadora social e presidenta de Contorna Social, asociación galega de profesionais do traballo social na área de Vigo, que nace co obxectivo de crear espazos de intercambio profesional e persoal para a análise colectiva da realidade social.
 
- Ana Pardo Fernández: traballadora social de Provivienda, asociación que traballa na  promoción do dereito a unha vivenda digna.
 
- Iria Vázquez Silva: profesora de socioloxía na Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, experta en xénero.
Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+