Información
Agenda de Galicia

24 horas nadando pola igualdade de xénero no deporte

Información
Localidades de Galicia 12 Febrero 2019 323 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1


Cartel da iniciativa do próximo 6 de marzo

O Servizo de Deportes organizará o vindeiro 6 de marzo unha xornada co reto de realizar ’24 horas nadando pola Igualdade de Xénero no deporte’. Esta é unha iniciativa que carece de carácter competitivo e cuxa finalidade é erixirse simbolicamente contra a discriminación de xénero, de xeito particular, no deporte. A inscrición xa se pode formalizar a través da web.

A actividade está dirixida a persoas maiores de 6 anos que deberán acudir á piscina da USC provistos de bañador, gorro e ‘chanclas’ en calquera horario do evento. Ademais será necesario asinar o manifesto pola igualdade e a participación da muller no Deporte presentado polo Consello Superior de Deportes e dispoñible nas propias instalacións universitarias. Quen decida unirse e nadar, poderá facelo de forma individual ou colectiva, asistindo a clase quen sexa usuario/a da Escola de Natación da USC ou acudindo como público.

Como referencia está previsto que cada persoa realice un tramo de 10 minutos de duración. Aquelas asociacións, clubs ou organizacións interesadas en participar deberán poñerse en contacto co Servizo de Deportes (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) para planificar a súa presenza na actividade. As cen primeiras persoas que formalicen a súa inscrición recibirán unha camiseta conmemorativa do evento.

Otros articulos relacionados.....