Información
Agenda de Galicia

A festa do Meixón terá dende este ano un selo distintivo

Información
Localidades de Galicia 22 Marzo 2019 291 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Celebrarase do 5 ao 29 de abril nos restaurantes, ao igual que o ano pasado

Tui. Venres, 22 de marzo de 2019. Do 5 ao 29 de abril celebrarase en Tui a Festa do Meixón que dende este ano contará cun selo distintivo, creado pola deseñadora tudense Marta Fontán. No mesmo recóllese de xeito esquemático os elementos patrimoniais e naturais da cidade, así como unha referencia ao río Miño, aos pescadores de Meixón  o escudo de Tui e de Valença. O selo ilustrará tanto os carteis, coma as cazolas e os establecementos participantes na festa. Co mesmo búscase dotar dunha imaxe corporativa a este evento, cunha imaxe atemporal que poderá ser empregada en todas as edicións.

Otros articulos relacionados.....