Información
Agenda de Galicia

Allariz conta os días para o comezo da Festa do Boi 2019

Información
Localidades de Galicia 28 Marzo 2019 324 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

festadoboiAllariz inicia a conta atrás para a celebración da Festa do Boi 2019 que terá lugar do 15 ao 23 de xuño. Integrantes da Asociación Cultural Xan de Arzúa, encargados da organización da Festa, acompañados pola alcaldesa, Cristina Cid e o tenente de alcalde, Bernardo Varela,  presentaron, esta mañá, as novidades referentes á programación. Tamén os acompañou o ilustrador Miguel Robledo, quen deseñou a imaxe da Festa do Boi 2019.

 

Durante 9 días desenvolveranse máis de sesenta actividades. Música, teatro, actividades infantís, encontros populares e, por suposto, as carreiras do boi centrarán, un ano máis, a programación festiva.

Dezaseis carreiras do boi centrarán a programación da Festa do Boi 2019. O comezo das carreiras será anunciado con 6 bombas de palenque e unha soa avisará da súa fin. Dende a Asociación Xan de Arzúa recordan a importancia de seguir os consellos escritos no programa, así como nas entradas das rúas ao casco histórico, por onde se desenvolven as carreiras.

A Asociación Xan de Arzúa aposta polo carácter cultural e histórico da festa potenciando actividades como a procesión medieval na que participan máis de vinte gremios. Arredor de 600 persoas ataviadas cos seus respectivos traxes representan, de xeito divertido, a orixe da Festa do Boi.

Os nenos e nenas terán o seu espazo na Festa coa programación de actividades como as carreiras de boi infantís, o espectáculo de monicreces creado polos centros de ensino de Allariz ou o pistaboi.

A música, como é habitual, terá unha importante presenza na Festa contando con  grupos de gaiteiros, charangas e orquestras, e os tradicionais Zés Perreiras, entre outros.

A Festa do Boi conta cun orzamento de 82.000 euros, sufragado pola achega voluntaria dos veciños e veciñas, comerciantes e hostaleiros de Allariz aos que porta por porta se lles pide contribución.

 

Teñamos a Festa en Paz

Teñamos a Festa en Paz é un alegato da Festa do Boi 2019 pola convivencia, que é a que mantén viva a festa.

“Falamos de convivencia como espazo común para o encontro de todos e todas, coa necesidade de establecer pontes para o entendemento entre os e as diversas. Porque valoramos a diversidade de formas, e porque para que a festa sexa festa, precisa de buscar as maneiras para entenderse” explican dente a Asociación. E por isto “excluímos dos nosos eventos as violencias, repudiamos firmemente os comportamentos machistas pero tamén os que traen consigo violencia gratuíta. Non queremos unha festa con violencia, queremos unha festa, festa!

Otros articulos relacionados.....