Información
Agenda de Galicia

300 persoas participarán na V Ruta BTT San Simón da Costa, que percorrerá a Comarca da Terra Chá

Información
Localidades de Galicia 30 Marzo 2019 329 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
A cita terá lugar o vindeiro 6 de abril, con saída e meta na Praza da Constitución de Vilalba. Este ano e debido a gran aceptación que ten acadado entre o público, ampliáronse as prazas. Ademais, como novidade, a proba pasará polo centro de Muras

O Deputado subliñou que “estamos ante unha ruta cicloturista xa consolidada. Unha aposta por promover a economía local e potenciar o valor turístico dos concellos de Muras, Xermade e Vilalba, e tamén unha forma diferente de atraer visitantes”

Paralelamente, na Praza da Constitución celebrase a XXV Festa do Queixo de San Simón da Costa, onde visitantes, acompañantes e participantes poderán desfrutar e degustar o recoñecido queixo denominación de orixe San Simón da Costa de Vilalba

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde; o Alcalde de Muras, Manuel Requeijo Armejo; o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas; o Concelleiro de Deportes de Vilaba, Julio Vázquez Otero; e o Presidente da Asociación Clube Ciclista Terrá Chá, Miguel Esmoriz, presentaron este venres na Casa da Cultura de Vilalba, a V Ruta BTT Terra Chá do Queixo San Simón da Costa, que terá lugar o 6 de abril e transcorrerá polos concellos de Muras, Xermade e Vilalba. O Executivo Provincial colabora na promoción e difusión deste evento que chega a súa quinta edición.

Otros articulos relacionados.....