Información
Agenda de Galicia

IV Feira de Emprego da Cámara de Comercio celébrase este xoves no Fórum Carballo con 25 empresas e case 200 mozos e mozas inscritos

Información
Localidades de Galicia 03 Abril 2019 1106 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
Imaxe da última Feira de Emprego, celebrada na Coruña

Imaxe da última Feira de Emprego, celebrada na Coruña

A IV Feira da Cámara de Comercio da Coruña, que se celebra este xoves, 4 de abril, no Fórum Carballo, contará coa participación de 25 empresas e con case 200 mozos e mozas inscritas, o que reflicte a gran acollida dun evento que por primeira terá lugar fóra da cidade da Coruña.

 

O foro celebrarase entre as 10:00 e as 14:00 horas (os mozos inscritos poden recoller as súas acreditacións na entrada do auditorio a partir das 09:30 horas). O presidente da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro, abrirá o acto e tras a súa intervención será a quenda do director xeral da entidade cameral, Gonzalo Ortiz. A sesión inaugural contará tamén coa participación do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, nun acto conducido polo xornalista Luís Fraga, que explicará aos asistentes a importancia do esforzo e a necesidade de prepararse a conciencia para superar con éxito os procesos de selección laboral.

Ás 11:00 horas, finalizada a sesión inaugural, procederase á apertura das casetas das empresas.

Charlas e entrega de CV

A IV Feira de Emprego da Cámara da Coruña será un espazo único onde os mozos poderán entregar o seu currículo e entrevistarse con responsables de Recursos Humanos de empresas punteiras da provincia, ademais de asistir a charlas sobre empregabilidade, xestión de emocións e autoemprego. Haberá, ademais, servizos de orientación laboral personalizados.

Para participar é necesario estar inscrito no Programa de Garantía Xuvenil que impulsa a entidade cameral desde 2015. Grupo Calvo, Grupo Alumán, Gadisa, Herfraga, Softtek, Vegalsa-Eroski, Mapfre e Prosegur son algunhas das 25 empresas presentes na feira, que pon en contacto a mozos que nin estudan nin traballan con firmas de distintos sectores con procesos de selección abertos.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+