Información
Agenda de Galicia

A XIII reunión da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria celebrarase este sábado 6 de abril, na Cidade da Cultura

Información
Localidades de Galicia 03 Abril 2019 568 votos
4.5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 90%

Os pediatras de atención primaria de Galicia teñen a súa cita anual o vindeiro sábado, 6 de abril, coa reunión a Asociación  Galega de Pediatría de Atención Primaria  AGAPap, que se celebrará no edificio  CINC da Cidade da Cultura de Galicia en Santiago.


 
O colectivo, sempre co obxectivo de poder ofrecer a mellor atención médica posible aos nenos e as súas familias, actualizará coñecementos e debaterá sobre o día a día e a situación da súa profesión.
 
En concreto, este evento conta no seu programa con sesións dedicadas ás primeiras medidas ante unha emerxencia en Atención Primaria; as patoloxías en endocrinoloxía máis frecuentes na consulta e cando derivalas; os aspectos legais sobre o menor que todo pediatra debe coñecer; ou a aprendizaxe miccional correcta e os síntomas no  tracto urinario inferior.
 
O acto inaugural desenvolverase ás 10:30 horas.
 
 
Programa da reunión da AGAPap
 
A reunión iniciarase cun relatorio sobre “Patoloxía endócrino lóxica máis frecuente na consulta de atención primaria, cando e como derivar? a cargo da doutora Ana María Prado Carro,  endócrina infantil no  CHUAC da Coruña.
 
O seminario “Aprendizaxe  miccional correcta e manexo da  sintomatoloxía do  tracto  urinario inferior” contará co cirurxián infantil Iván Somoza Argibay, tamén do CHUAC. Trátase dunha temática moi relevante, dada a súa alta incidencia.
 
A continuación chegará a asemblea xeral da Asociación Galega de Pediatría de Atención Primaria.
 
Xa pola tarde terá lugar o seminario “Primeiras medidas ante unha emerxencia en Atención Primaria”, con Yolanda Fernández Santervás, pediatra no Hospital Sant Joan de  Deú (Barcelona) e directiva da Sociedade Española de Urxencias de Pediatría SEUP.
 
Nel vaise incidir, fundamentalmente, nunhas nocións prácticas para detectaren precozmente situacións potencialmente graves que poden chegar a un Centro de Atención Primaria. Explicarase como estabilizalas e iniciar un tratamento apropiado segundo patoloxía e seguindo os algoritmos recomendados.
 
Tradicionalmente, o último relatorio nas reunións da AGAPap conta cun experto dun campo diferente ao da pediatría pero de interese para a súa profesión. Nesta ocasión, Carmen González León, profesora de dereito civil na Universidade de Salamanca, impartirá a conferencia de clausura “Aspectos legais sobre o menor de idade: o que o pediatra debe saber”.
 
A profesora González León centrarase nalgúns problemas relativos á protección do paciente menor de idade; como os criterios que se deben seguir para decidir cando os menores poden ser oídos, cando poden emitir o consentimento médico e cando poden acceder á súa historia clínica.
De igual modo encarará o xeito de delimitar cando o interese do menor esixe que os pais consintan por eles e accedan aos datos da historia clínica dos seus fillos sen necesidade da súa autorización.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+