Información
Agenda de Galicia

O 6 de abril manifestámonos para denunciar o abuso dos prezos do alugueiro

Información
Localidades de Galicia 04 Abril 2019 629 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
especuladores afógannos subindo e subindo os prezos e cada vez temos máis problemas para chegar a fin de mes mentres os soldos non soben, un drama social ante a ollada pasiva dos gobernos e os poderes públicos. A vivenda non é unha mercadoría, é un dereito co que non terían que poder especular. Hai miles e miles de pisos baleiros nas nosas cidades, polo contrario hai miles e miles de persoas e familias sen lugar onde vivir.
 
Saímos á rúa para denunciar o negocio que as industrias inmobiliaria e turística fan cos nosos fogares. Mentres o goberno español agasallou á banca máis de 60.000 millóns de euros dos nosos petos, esta non fixo outra cousa que botar da súa casa a persoas sen dar ningunha alternativa habitacional. Os propietarios físicos e xurídicos de vivendas en alugueiro, cos fondos  voitres e SOCIMI á cabeza, gozan de medidas de evasión fiscal no seu favor desde hai décadas para non pagar impostos mentres as inquilinas soportan presión fiscal de até máis do 30%. Hai que substituír a LAU por unha nova lei que lexisle os alugueiros sociais no mercado libre con vantaxes fiscais vixiadas polo Estado e cidades. Como demandan Madrid e Barcelona, cómpre que os impostos directos do Estado sexan xestionados proporcionalmente polas cidades cunha descentralización solidaria como pasa en moitos países avanzados.
 
Os despexos disparáronse e actualmente están ao nivel dos peores anos da crise financeira: 165 despexos por vía xudicial cada día, un cada 5 minutos. Mentres os fondos voitres acumulan vivendas a unha velocidade vertixinosa, sen precedentes na historia, o alugueiro lévase máis ingresos que en calquera outro país da OCDE. E hai que engadir todos aqueles despexos invisibles, que non están contabilizados, pero que supoñen a expulsión de moitas veciñas dos seus barrios e pobos por non quererlles renovar o contrato ou por pretender imporlles subas imposibles de asumir para as inquilinas. Chegamos a un punto asfixiante da burbulla do alugueiro e queremos picala, por todos lados e desde todas as frontes.
 
Queremos picala e estamos determinadas a facelo. A pesar de que o novo decreto introduce medidas en cuestión de alugueiro, estas son aínda insuficientes. É por iso que o movemento pola vivenda e as organizacións, barrios e entidades que convocamos esta manifestación queremos deixar moi claro a toda a poboación os motivos polos cales non deixaremos de loitar até  desmercantilizar unha das necesidades e dereito básicas de todo ser humano: ter un teito digno onde vivir. E así reivindicamos:
 
- Piquemos a burbulla: esiximos medidas políticas e fiscais para adecuar os alugueiros á renda dispoñible do fogar.
 
- Alugueiros alcanzables: é urxente regular os prezos do alugueiro tendo en conta o poder adquisitivo real da xente, é dicir, a renda.
 
- Alugueiros estables: os contratos de alugueiro non poden rematar de forma inxustificada e unilateralmente. Teñen que renovarse automaticamente a non ser que o propietario demostre que precisa a vivenda para o seu uso persoal ou dun familiar.
 
- Ningún despexo sen alternativa habitacional: maior autonomía financeira dos concellos (participar dos impostos directos do Estado) para xestionar o parque de vivendas das cidades.
 
- Contrato de alugueiro único xestionado por oficinas de vivenda e concellos: o fin dos abusos dos intermediarios: o negocio das inmobiliarias é un escándalo.
 
- Xustiza fiscal: eliminación de todas as figuras a medida da evasión fiscal no Imposto de Sociedades (SOCIMIs, patrimoniais, etc.) e no IRPF (persoas físicas e comunidades de bens).
 
- Expulsión dos fondos voitres: esiximos eliminar as SOCIMIs, que gozan de grandes privilexios fiscais, e que o goberno deixa que especulen masivamente cos nosos fogares provocando que sexan a punta de lanza da burbulla.
 
- Parque público de vivenda: tense que converter en parque público de vivenda as vivendas acumuladas pola Banca e polos fondos voitres para garantir a súa función social, evitar a escaseza artificial de vivenda e frear a especulación. Gravar fiscalmente as vivendas urbanas baleiras e crear un imposto sobre as vendas de vivendas “especulativas” que non sexan para primeira residencia.
 
- Aumentar a vivenda social: por parte de Estado, Xunta e Concello.
 
- Abonda de pisos turísticos: a mala xestión do turismo ten un gran impacto na vida da cidadanía e diminúe enormemente a oferta de vivenda en alugueiro.
 
Acabóuselles facer negocio cos nosos fogares, cos nosos barrios, coas nosas vidas. Piquemos a burbulla, e piquémola ben, que non volva incharse nunca máis

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+