Información
Agenda de Galicia

“xitanos e vilagarciáns” coincidindo o día internacional da etnia

Información
Localidades de Galicia 08 Abril 2019 1014 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1
aixo o título “Xitanos? Si. Vilagarciáns? Tamén” este luns, coincidindo co “8 de Abril, Día Internacional do Pobo Xitano”, o Concello abrirá na praza de Galicia, en pleno corazón da cidade, unha exposición na que veciños do poboado de Berdón amosan, a través de fotografías e pensamentos, cal é o seu modo de vida e cales as súas inquedanzas. O proxecto foi desenvolvido pola Área de Igualdade e Servizos Sociais, que dirixe Tania García, a través da educadora social Laura Caeiro e a Área de Comunicación, con fotografías e deseño de Cristina Durán e Pablo Jueguen. A mostra forma parte dun plan de integración que realiza o Concello con financiación do Fondo Social Europeo. Estará na praza de Galicia ata finais de mes.
06.4.2019. Dende que se lles propuxo a idea aos habitantes do poboado xitano de Berdón a acollida foi entusiasta, porque eles son os primeiros que queren que os seus veciños, o resto de vilagarciáns, coñezan de primeira man a súa realidade diaria e o seu desexo principal de que non sexan discriminados pola súa cultura, aínda que nos paneis hai outros moitos desexos e pensamentos que, sen dúbida, levarán a máis dun espectador á reflexión.

Ao acto de apertura da mostra foron convidados o alcalde e todos os membros da corporación, pero o foco de atención estará nos propios protagonistas da exposición, que lerán un manifesto conmemorativo do Día Internacional do Pobo Xitano e farán unha actuación musical; dous actos cos que queren reivindicar o seu dereito a unha cultura propia.

A mostra parte dunha realidade, que tamén afecta a Vilagarcía de Arousa: en España hai preto de 700.000 persoas de etnia xitana que sofren cada día discriminación e exclusión a causa de argumentos cos que se xeneralizan e perpetúan os estereotipos, unha circunstancia que se ve amplificada polos medios de comunicación e as redes sociais. Son persoas que teñen un difícil acceso a dereitos constitucionais como a vivenda digna, a educación ou o emprego e que, sen embargo, e como se poderá comprobar na propia mostra, loitan cada día por saír adiante e, ademais, sen perder o sorriso e as gañas de ser solidarios cos demais.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.

Otros articulos relacionados.....