Información
Agenda de Galicia

O II Torneo Memorial Carlos Pérez Castelao reúne a máis de 360 nenos

Información
Localidades de Galicia 02 Mayo 2019 990 votos
II Torneo Memorial Carlos Pérez Castelao
Durante a xornada, que se celebrou no Campo Municipal Gómez Besteiro da Fonsagrada, participaron rapaces de toda a provincia e de Asturias. Este torneo de fútbol 8 reuniu a 24 equipos nas categorías benxamín e alevín

Este mércores, 1 de maio, celebrouse, no Campo Municipal Gómez Besteiro da Fonsagrada, o II Torneo Memorial Carlos Pérez Castelao, unha cita deportiva de fútbol 8 que reuniu a máis de 360 participantes de toda a provincia e de Asturias. Esta segunda edición do torneo contou con 24 equipos nas categorías benxamín e alevín e disputouse durante todo o día. Todos os rapaces participantes recibiron unha medalla e os primeiros e segundos de cada categoría trofeos. O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo, participou na entrega de trofeos despois dos partidos finais do torneo.

  • Os dous sindicatos convocan varias manifestacións en Galicia baixo o lema «Primeiro as persoas»

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia fan un chamamento á mobilización o Primeiro de Maio para reforzar a loita contra a precariedade e a desigualdade. Os dous sindicatos convocan varias manifestacións na comunidade autónoma baixo o lema «Primeiro as persoas», coa intención de «encher as rúas a favor do emprego de calidade» e instar á conformación dun Goberno no Estado que aborde «con urxencia» unha axenda social. Nesta xornada reivindicativa, os secretarios xerais de ambas as organizacións participarán na marcha convocada na Coruña.

Acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, o presidente da Asociación Deportiva Carballal, José Barciela, membros da súa xunta directiva, a xogadora do equipo xuvenil Uxía Ferreiro e o vicepresidente da Federación Galega de Balonmán, Fernando Mosquera, o rexedor anunciou un gran campionato, no que por segundo ano consecutivo haberá participación viguesa, de novo co Calfrima Carballal.

Vilagarcía mantén viva a tradición dos maios como o demostra o elevado número de composición florais que se exhibirán na Festa dos Maios a celebrar o mércores, 1 de maio, no Parque Miguel Hernández. Serán nada menos que 73 maios os que presentarán ao certame os 16 colectivos inscritos na edición deste ano. A celebración comeza ás 11:30 horas da mañá e, como e como manda a tradición, a exposición dos traballos florais terá como banda sonora as coplas satíricas que interpretarán os grupos participantes.

A maior parte dos colectivos inscritos este ano na Festa dos Maios organizada pola Concellería de Cultura son asociacións de nais e pais de centros educativos como os de a Escola Unitaria de Aralde-Sobrán, Vagalume, Piñeiriño, Doutor Fléming-Anexo A Lomba, Casanova-Rubiáns, Año Pitaño da Galiña Azul de Carril, Escardia, Alonga-Arealonga, San Martiño de Sobrán e a do colexio San Francisco. Tamén participan asociacións culturais como Lumarada de Cornazo, Malveiras de Carril, Os Tres Castros e a Sociedade Cultural Gato Negro de Carril; ademais da residencia de anciáns Divina Pastora dos irmáns Inés e Diego Rubiáns Diz.

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago aprobou este venres a oferta de prazas de PDI para 2019, sendo esta a primeira concreción do Plan de Profesorado prevista para a catro anos e aprobada recentemente. 

Descenso do Miño 2019
Celebrarase o próximo sábado 4 de maio e contará con dous percorridos: 17 quilómetros para as categorías xuvenil, sénior e veterán,e 8 quilómetros para cadetes. Ambas probas contarán coas modalidades de K1, K2 e C1 femininas e masculinas

Rivera Capón destacou que: “é unha honra apoiar esta proba durante tantos anos e apoiar aos clubs que tanto fan polo piragüismo na provincia, un deporte co que estamos altamente comprometidos”.
Información
Agenda de Galicia

41º edición da Festa da Troita da Pontenova

Información
Localidades de Galicia 27 Abril 2019 957 votos
41ª edición da Festa da Troita
O Presidente da Deputación e membros da corporación da Pontenova presentaron a cita declarada Festa de Interese Turístico Galego e Interese Turístico Deportivo Nacional, terá lugar os días 30 de abril e 1 de maio, e participarán 130 pescadores

Darío Campos destacou que “a celebración da Pontenova é a segunda festa da troita máis antiga de Galicia, conta con máis de 40 anos, e consolidouse coma un importante revulsivo económico para o Concello, a contorna da Mariña e a provincia” 

O mércores 1 maio terán lugar os concursos de pesca e, como novidade, a ‘I Ruta de sendeirismo pola Vía verde’ na que os participantes poderán observar os lances dos campións de pesca do mundo
Información
Agenda de Galicia

Protestas nas residencias Abeiro Gold de Lugo e DomusVi de Viveiro

Información
Localidades de Galicia 27 Abril 2019 1239 votos

As traballadoras e os traballadoras das residencias Abeiro Gold de Lugo e DomusVi de Viveiro continuaron este xoves co calendario de mobilizacións para denunciar, no primeiro caso, a represión sindical materializada no despedimento dun traballador que foi candidato pola CIG nas eleccións sindicais; e no segundo, en rexeitamento á imposición duns calendarios laborais irracionais e esgotadores.

Teresa Búa

Teresa Búa

A polifacética Teresa Búa Sambad (Muxía, 1991) gaña por segunda vez o Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. A súa obra Xestamos vidas e mátannos acadou o primeiro premio, dotado con 1.500 euros e diploma, nesta 21ª edición, pero xa no ano 2011 acadara a máxima valoración do xurado.

Puedes seguir este artículo en; @cayetanaAT @FeijooGalicia @_MartaGonzalez_ #secretariademedios @pp @ppdeg #ppdegalicia @xunta #xunta #retegal #amtega #eleccionesxunta @IdiazAyuso @idiazayuso2019 #retegal #amtega #bng #psdeg #enmarea #ciudadanos #feijoogalicia #galiciafeijoo @TurismoGalicia @Turgalicia @TurismoGalicia1) @turismoriasbaixas @PresumeDGalicia
@ppdegalicia #turismogalicia #costadamorte #xunta #xuntadegalicia #pp #ppdeg #ppdegalicia #riasbaixas #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #lacozdegalicia #mermeleros #cloacasperiodismo #TEM_RistoMejide #RistoMejide #TEM #FeijóoConVox #GaliciaSuma #EspañaSuma #EvoMorales #Bolibia #galiciafeijoo #feijoogalicia #turismogalicia #FeijóoConVox.