CCOO ALERTA DO AUMENTO DA PRECARIEDADE E DA ‘POBREZA LABORAL’ DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS DE OURENSE PROVOCADA POLO GOBERNO DE FEIJÖO

Información
04 Abril 2016 | 8283 votos - Registrese para votar
social youtube xornalgalicia   feed-image

A baixada de 379 persoas nas listas do desemprego no mes de marzo en Ourense é   insuficinte e irreal xa que se   concentra na actividade de temporada da campaña de semana santa como ven ocurrindo todos os anos. Só hai que mirar que o maior descenso dáse no sector servizos con 282 persoas menos desempregadas, resaltando que no 2015 nesta mesma campaña a baixada foi de 446 persoas.

 

         CCOO lembramos que o ‘emprego creado’ máis que ‘novo emprego’ é tan só unha ‘repartición do traballo existente’ cunha gran rotación atendendo a estacionalidade do sector servizos.

Dende CCOO novamente temos que seguir a falar da precariedade, dunha ‘pobreza laboral’ que aumentar entre a poboación ourensá xa que o 89% dos contratos que se fixeron este mes, volven a ser temporais, 2.059 por circunstancias da producción e 1.702 por obre ou servizo fronte aos 594 contratos indefinidos. Tamén temos que volver a falar de que esta precariedade afecta máis ás mulleres, xa que dos total de contratos temporais que se fixeron, 4.417, 2.224 son para as mulleres e 2.193 para os homes. Ao contrario do que ocorre cos indefinidos, xa que dos 594 contratos indefinidos, 330 son para os homes e 264 para as mulleres

Os empregos precarios non xeneran solvencia económica.

         Os recortes salariais, xunto coa non aplicación das revisións salariais e o rechazo por parte dos empresarios ourensáns á negociación colectiva, provocan unha gran perda de poder adquisitivo, sendo Ourense a provincia co salario máis baixo de Galicia, 16.532 euros/ano, e un dos máis baixos do Estado.

É necesario impulsar a economía doutra maneira. Apostar pola industria, para contar cunha base sólida sobre a que se asenten o resto dos sectores, e os servizos ás persoas (educación, sanidade, .., onde se atopan os nichos de emprego). Así mesmo os salarios teñen que recuperen poder adquisitivo, unha reforma fiscal e reforzar a negociación colectiva. A política económica debe cambiar para poñela, non ao servizo das elites, senón ao servizo dos intereses da maioría da sociedade, porque non é posible avanzar cara ao futuro cando máis da metade dos mozos está desempregados.

Dende CCOO emprazamos aos partidos políticos a formar xa goberno. Necesitamos un acordo que responda o sentido dos votos da cidadanía, para unha rexeneración democrática e que enfronte o emprego con coraxe cun Plan de Choque, así como o estado de benestar para toda as persoas.