A organización ecoloxista presentou alegacións contra o trámite administrativo mediante o cal se pretende legalizar a usurpación de terreo litoral de dominio público que está a ocupar ilegalmente un chalé rexistrado a nome da muller do presidente do Partido Popular, Alberto Nuñez Feijoó, na praia de O Con, no concello de Moaña (Pontevedra).
- A leira ocupada incorre en terreos de dominio público marítimo-terrestre segundo deslinde de 2007. De prosperar, o trámite dos Feijoó consolidaríase a usurpación dun terreo que lle da acceso privado á praia, xa que ademais foi pechado o acceso ao público por un muro.
- Ecoloxistas en Acción solicita á Dirección Xeral da Costa e o Mar que desestime a solicitude e ordene a demolición do construído en terreo público e a reposición da legalidade urbanística.
Ecoloxistas en Acción presentou alegacións para que a Dirección Xeral da Costa e o Mar rexeite a solicitude da parella do expresidente da Xunta e actual presidente do PP en España, Alberto Núñez Feijóo, para seguir ocupando o seu chalé na costa de Tirán (Concello de Moaña) unha franxa de 210 metros cadrados de dominio público marítimo-terrestre, que lles permite gozar dun acceso privado á praia de O Con.
A leira ocupada incorre en terreos de dominio público marítimo-terrestre segundo deslinde aprobado por orde ministerial de data 17 de xullo de 2007. A solicitude non só está fóra do prazo establecido pola normativa, senón que esta concesión, en aplicación da Disposición Transitoria Primeira da Lei de Costas, no caso de outorgarse no seu momento, estaría actualmente extinta.
A organización ecoloxista tamén denuncia que o muro de peche, levantado nos terreos ilegalmente ocupados, imposibilita á veciñanza o acceso a esta zona da costa de Tirán e o goce da praia de O Con, de difícil acceso por terra en pleamar, senón é pola zona ocupada polo chalé propiedade de Feijoó e a súa muller. Ademais a franxa ocupada afecta ao miradoiro e paseo denominado O Fiunchal, afcción que tamén denunciou o concello de Moaña.
“Solicitamos á Dirección Xeral da Costa e o Mar e ao seu servizo provincial que desestime a solicitude e ordene a demolición do construído en terreo público, e a reposición da legalidade urbanística”, declarou Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Feijóo españoliza la campaña electoral del 18 F gestionando un Grupo Político carcomido por sus vínculos al narcotráfico y la corrupción.
- Exclusiva, relato y documentos de la mayor trama de estafa de mascarillas montada por Feijóo y María del Mar con un condenado por corrupción....
- María del Sánchez Sierra: Acoso y abuso de poder desde las sombras de Feijóo y propias del fascismo más criminal.