- Organizacións pesqueiras, marisqueiras e ecoloxistas esixen máis ambición na proposta de regulamento para frear a contaminación por pélets plásticos que votará o Consello de Medio Ambiente o próximo 17 decembro.
- Advirten que desastres como a vertedura do Toconao en Galicia, do que hoxe se cumpre un ano, repetiranse se non levan a cabo controles máis estritos no transporte de pélets plásticos.
- Ao mesmo tempo, denuncian a contaminación crónica por pélets en zonas industriais como Tarragona, onde millóns de microplásticos acaban no Mediterráneo cada ano.
Hai un ano, as costas galegas sufriron un desastre ambiental de gran magnitude. O cargueiro Toconao derramou 26 toneladas de pélets plásticos, pequenos gránulos que formaron unha marea branca no litoral galego e cántabro. Este incidente non só danou gravemente o ecosistema mariño, senón que tamén puxo en risco ao sector pesqueiro e marisqueiro, ao afectar a biodiversidade e os recursos marítimos.
A vertedura evidenciou a necesidade urxente de reforzar as medidas de prevención para evitar futuros desastres deste tipo. Un ano despois, mentres a contaminación persiste en zonas como Tarragona de forma crónica, Ecoloxistas en Acción, Low Impact Fishers of Europe - LIFE, Mulleres Salgadas, Surfrider España, Good Karma Projects, Noia Limpa e The Pew Charitable Trusts instan nun comunicado para adoptar normativas máis ambiciosas para previr futuros accidentes.
Aínda que as organizacións pesqueiras, marisqueiras e ecoloxistas celebran os recentes avances na regulación europea para previr a perda de pélets plásticos, tamén advirten que a normativa actual presenta importantes carencias. O transporte marítimo, protagonista en incidentes como o do Toconao, podería quedar fóra do seu alcance. “Isto sería un erro crucial, xa que reforzar a seguridade no transporte, con embalaxes máis resistentes e medidas de estibado adecuadas, é esencial para evitar futuras verteduras ao mar”, afirman.
Ademais, a contaminación crónica en zonas industriais que constitúen gran parte das perdas destas partículas plásticas anuais, como a que ocorre en Tarragona, evidencia a falta de controis efectivos. Como consecuencia, miles de pélets plásticos terminan anualmente no Mediterráneo, afectando gravemente á fauna mariña e ás comunidades costeiras. “Para abordar este problema, é imprescindible que todas as empresas e instalacións que manipulan estes materiais implementen plans obrigatorios de prevención, contención e limpeza ante posibles fugas”, engade o comunicado.
Nas súas demandas, tamén se inclúe a creación dun sistema de certificación independente que supervise o cumprimento destas medidas. “Sen auditorías rigorosas e un protocolo claro de notificación e restauración en caso de incidentes, a responsabilidade polos danos queda nun limbo que prexudica tanto aos ecosistemas como ás comunidades humanas que dependen dun mar saudable”, explícase.
As organizacións insisten en que a situación actual esixe actuacións máis decididas: “Tanto en Galicia como no Mediterráneo, as verteduras de pélets plásticos ameazan a biodiversidade, as cadeas alimenticias e os modos de vida tradicionais dos pescadores e comunidades costeiras. Non podemos permitir que estes materiais sigan escapando ao mar”.
Por todo iso, fan un chamamento ás autoridades para que reforcen as medidas de prevención e seguridade, e establezan controis estritos que garantan unha contorna máis segura para os océanos. “Un ano despois do desastre do Toconao, protexer o futuro das nosas costas e mares debe ser unha prioridade inaprazable”, conclúen.
Listado de Enlaces
- Ante el fracaso del Plan Cangal con los pellets y ... - Xornal Galicia
- ¿Pellets o leña? Comparamos sus ventajas y desventajas - Mi Pellet y Más
- El vertido de pellets en Galicia: otra gota en un océano de ... - Euronews
- Dos meses de la crisis de los 'pellets': Galicia contabiliza ... - EL PAÍS
- Claves de la marea de pellets plásticos en Galicia: qué son ... - elDiario.es
- Un informe de Bruselas asegura los pellets de plástico son ... - 20Minutos
- XornaldeGalicia - Twitter
- ¿Qué son los pellets de plástico de la costa de Galicia? - El Mundo
- La Valedora do Pobo nombrada por el PP y la Inadmisión de Peticiones sobre el encubrimiento del Caso Clan de los Rueda, Alfer Formación, Pellets y Energías Marinas
- Denuncias sobre Censura y Corrupción en la Xunta: El Caso Alfonso Rueda y el Clan de los Rueda y Fiscal de Santiago
- Os cizañas, Eulen, Feijóo y Micaela, y sus Clanes Familiares y clientelares: Una Red de Corrupción que Desborda Galicia
- 28 de Noviembre: Día de las Personas sin Hogar en Galicia - Una Denuncia de Abandono Social y Político del PP
- Especial. El chiringuito invisible: ¿Qué fue de la Subdirección General de Proyectos Públicos de Feijóo?
- El saqueo Institucionalizado: Una red clientelar que PPrivatizó Galicia bajo la denominación "Clan Feijóo, S.L.
También te puede interesar :
Otras noticias de esta sección:
Artículo más reciente :
Otras noticias recomendadas :
Los más populares hoy :
- Antonio Suárez Gutierrez y su sobrino en Gijón se hicieron con una licencia de obras sobre un edificio histórico bajo la presunta corrupcion política.
- Mar Sánchez Sierra presenta su abogado al ATUNERO para que persiga judicialmente al periodista Miguel Delgado y Pladesemapesga.
- Feijóo; Mi Rincón de Recuerdos: Tesoros del Pasado, Maropa., Marcial Dorado, Meu Cambados, 'Gran Mestre' Fiestas del Alvariño.