Podemos Galicia recrimina a Feijóo a descarada recolocación de exdirixentes do PPdeG nos portos galegos

Información
11 Diciembre 2020 998 votos - Registrate para votar

O presidente está a facer da Xunta unha ETT ao servizo do PPdeG  para recolocar exaltos cargos á fronte de organismos públicos chave no desenvolmento marítimo do noso país

Os populares Almuíña, Martínez Prado e Cores Tourís toman hoxe posesión dos portos de Vigo, A Coruña e Vilagarcía mentres Feijóo coloca a  expresidenta de Vilagarcía nun posto novo no Sergas de Vigo 
 

 

Santiago, 11 de decembro.-  Podemos Galicia recrimina ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo o absoluto descaro co que está a valerse de organismos públicos que emprega como unha ETT ao servizo  do PPdeG para sentar na presidencia dos portos galegos a exaltos cargos do seu partido. 

É o caso das radas de Vigo, A Coruña e Vilagarcía nas que hoxe toman posesión os novos presidentes, nítidamente vinculados a cúpula do Partido Popular de Galicia, logo que BOE do pasado 3 de decembro fixera públicos os nomeamentos do exconselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña en Vigo; o concelleiro coruñés do PP e exdirector xeral de Urbanismo, Martín Martínez Prado, e o deputado autonómico José Manuel Cores Tourís como presidente en Vilagarcía.

Precisamente, hoxe tamen coñecimos que a Xunta ven de nomear a expresidenta do porto de Vilagarcía, Sagrario Franco, como adxunta á dirección do Sergas en Vigo nun cargo de nova creación como coordinadora de procesos apenas 20 días despois do seu último destino profesional. 

Non cabe dúbida de que os nomeamentos de Almuíña en Vigo e do urbanista Martínez Prado na Coruña deixan ben ás claras cales son as intencións do Goberno galego para ter o control dos grandes portos galegos. A xogada de Feijóo se completa coa designación de Tourís en Vilgarcía e a e do militar da Armada, Indalecio Seijo, como presidente en Ferrol para subsituir a o exconcelleiro popular, José Manuel Vilariño. 

Desde Podemos Galicia ficaremos atentos e vixiantes aos movementos que se produzan nos portos de Vigo e na Coruña para velar polo interese colectivo, público e común, e evitar que un só metro de chan público pase a mans dos intereses empresariais dos amigos do presidente galego.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+