Prado pide que o Consello da Xunta se pronuncie contra o proxecto megamineiro de Touro-O Pino

Información
18 Junio 2018 5623 votos - Registrate para votar

A deputada do BNG, Montse Prado demandou hoxe na comisión de Pesca  que “o Consello da Xunta se pronuncie en contra do proxecto megamineiro de Touro-O Pino e escoite o “clamor” da cidadanía. El hijo de Rosa Quintana, que cursa la carrera universitaria en Santiago, consigue ayudas de Medio Rural para una explotación en Ordes https://www.google.es/search?q=hijo+rosa+quintana+ordes

Ademais tamén pediu “valentía” á titular da consellería do Mar, Rosa Quintana para que compareza no Parlamento galego e responda ás preguntas formuladas polo BNG e sectores afectados pola actividade mineira, preguntas, dixo Prado, ás que polo momento a conselleira do Mar “non quixo responder” estando mais preocupada polas subvencións do seu fillo que polos veciños de Touro e as rías galegas.

 

A parlamentaria lembrou que miles de persoas manifestáronse a pasada fin de semana  nas rúas de Compostela e encheron, de maneira multitudinaria, a Praza do Obradoiro para reclamar  que se paralice a concesión á empresa explotadora da mina de Touro. O goberno galego, manifestou , debe dicir de que lado se coloca, “si dun proxecto espoliador que só deixa destrución ou do lado dos sectores produtivos que crean riqueza”.

Para a deputada, debe ser “o conxunto do goberno galego” o que tome a decisión de parar o proxecto da mina de Touro. Non só o pide o BNG, dixo Prado, tamén o sector do mar e as confrarias de maneira unanime polo que transladou ao Parlamento galego a "alarma e preocupación" ante a contaminación da ría de Arousa derivada da actividade mineira.

Na defensa da inciativa, a parlamentaria aludiu aos informes elaborados polo diferentes departamentos da Xunta que reflicten riscos reais do proxecto mineiro entre os que desctacou: a contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmósfera, incompatibilidade co aproveitamento gandeiro e  forestal e graves riscos para a saúde pública. A administración galega de Augas custiona practicamente todos os aspectos do proxecto pola afección da calidade das augas e confirma  contaminación de todos os ríos arredor da mina de Touro- O Pino.

A nacionalista preguntou que máis precisa saber o goberno galego para denegar a autorización á empresa cuxa actividade representa “unha grave ameaza  para a saúde ambiental e cidadá” ademais de  afectar moi negativamente ao emprego de miles de persoas na ría de Arousa.

A deputada do BNG reiterou que “sobran os motivos” para rexeitar o proxecto da mina de Touro-O Pino e lembrou que a empresa conta cun longo historial de incumprimentos, intento de ocultación da dimensión do proxecto, e mesmo  ocultou as  consecuencias da explotación polo que volveu a preguntar que máis argumentos necesita a Xunta para dicir “non á mina de Touro”.

Prado afirmou que a verdadeira razón do goberno galego para manter  a autorización da mina reside na “falta de vontade política” e apelou aos informes desfavorábeis e a mobilización social para reclamar a rectificación da Xunta.

O portavoz do grupo maioritario do Partido popular, Martín Fernández Prado anunciou o voto en contra da iniciativa do BNG defendida pola deputada nacionalista, Montse Prado.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+