A prevención de incendios do PPdeG na Xunta "todo fume": as 549 prazas serán para a extinción

Información
07 Mayo 2019 9020 votos - Registrate para votar

Despois de máis de 7 anos sen actualizar a estrutura da consellería e adaptala as propias leis que o goberno do Partido Popular aprobou nestes anos, a Consellería do Medio Rural manifesta que foi un “erro” a dotación orzamentaria para todo o ano das 549 prazas de persoal bombeiro forestal. Con esa palabra despachouse a Administración ao inicio da negociación, ademais de declarar na mesa de negociación que as oficinas agrarias non eran motivo de negociación nestes intres.

 

A Consellería de Medio Rural presentou ás organizacións sindicais unha relación de postos de traballo mal feita e chea de erros. Así, hai uns días, coa documentación que nos achegou a consellería, na CIG valoramos positivamente a creación de 549 prazas de 12 meses que agora os servizos de persoal da consellería manifestan que foi un “erro”, e que unicamente son de 5 meses, e que o documento económico estaba mal (orzamentaban para 12 meses).

Aínda así, negáronse a facer unha declaración manifestando o tempo exacto que vai traballar o persoal de alto risco, nin cando vai comezar.

Ante estes datos e con este novo cambio de rumbo, a palabra máis repetida polo conselleiro de Medio Rural, “PREVENCIÓN”, é só fume, pois a improvisación da Consellería de Medio Rural queda outra vez en evidencia ao non seguir as recomendacións do Comité de expertos/as derivado da Comisión Parlamentaria polos incendios forestais, nin do propio ditame da Comisión, nas que destacan a necesidade de actuar na prevención. A consecuencia é que as novas prazas creadas unicamente traballarán no “alto risco” en extinción de lumes, imposibilitándose o traballo na prevención.

A non creación das prazas como de 12 meses cambia por completo a valoración da CIG desta RPT, a cal incluso amortiza prazas de persoal bombeiro de 12 meses e logo créaas de 5 meses. Pero isto non é o único, amortizan moreas de prazas dos servizos periféricos, como nas oficinas agrarias e distritos forestais, servizos de infraestruturas ou postos base nas xefaturas territoriais. Rexeitamos amortizacións de postos nos servizos que deben atender á cidadanía do rural, fin definitivo desta consellería, coa finalidade de crear postos de estrutura; e opoñémonos á amortización de postos de persoal bombeiros de 12 meses.

Na xuntanza que tivemos as organizacións sindicais coa consellería para tratar a RPT a CIG presentou mais de 100 alegacións concretas, que serán moitas máis cos “erros” da RPT, ademais da falla de xustificación funcional e memoria económica. En definitiva un desastre de RPT que anuncia atrasos no concurso de traslados de todo o persoal da Xunta de Galicia e que segue na liña de desmantelar servizos de atención e non dar solución nin afrontar con seriedade os problemas do rural da Galiza.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+