Exixen de Sanidade gobernada por o PPdeG protocolos claros e unificados sobre o uso dos EPIs, baseados no coñecemento científico

Información
22 Marzo 2020 2825 votos - Registrate para votar

A CIG-Saúde vén de dirixirse á consellaría de Sanidade para demandar protocolos claros e unificados sobre o uso dos Equipos de Protección Individual (EPIs), baseados no coñecemento científico e lembrar que ten que se garantir que calquera profesional que precise un destes equipos pode acceder a el.

 

Diante da crise sanitaria ocasionada pola pandemia do COVID-19 CIG-Saúde quere manifestar o seguinte:

En primeiro lugar, agradecer o esforzo e o compromiso do conxunto de profesionais da Sanidade Pública e tamén da Sanidade Privada. Nesta crise atopamos unha Sanidade Pública que ten a súa capacidade de reacción limitada polos 11 anos de recortes e privatizacións do Goberno de Núñez Feijóo. Situación xerada por non ter escoitado as/os profesionais e por amosar unha falla de respecto por elas/s

En segundo lugar, dirixímonos á Consellería de Sanidade,  que se quere gañar á confianza da cidadanía na xestión desta crise, para lembrarlle que antes ten que lograr a confianza das traballadoras e traballadores da Sanidade Pública.

A Consellería de Sanidade ten que garantir a dispoñibilidade de Equipos de Protección Individual (EPIs) alí onde haxa un ou unha profesional que os necesite, non se pode manter esta sensación de indispoñibilidade, e moito menos pode haber falta de material.

CIG-Saúde defende o uso racional do material de protección atendendo ás recomendacións científicas, por iso demandamos da Consellería de Sanidade a garantía de que calquera profesional que precise un EPI para atender a un paciente poida acceder a el.

CIG-Saúde lémbralle, reiteradamente, á Consellería de Sanidade, que ten a obriga de protexer as/os profesionais para que estas/es poidan protexer á poboación, isto so se  a garante se as e os profesionais dispoñan de EPIs completos para asegurar a súa saúde e manter a garantía asistencial. Non pode haber indispoñibilidade de material.

CIG-Saúde esixe  da Consellería de Sanidade que elabore protocolos claros e unificados sobre o uso destes EPIs, baseados no coñecemento científico actual, e que demande, sen descanso, das autoridades competentes a garantía do subministro de material que permita aplicar estes protocolos.

 Sr Feijóo, non se poden confundir protocolos de actuación baseados na evidencia científica con normas de restrición por falta de material, de isto sabe moito o persoal da sanidade; escoite.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+