A Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal denuncia o deterioro acelerado do servizo de atención primaria no municipio orquestado por Feijóo

Información
Sergas 10 Noviembre 2020 3842 votos - Registrate para votar

 Sergas el "negocio del PPdeG o de Feijoo" el 061 de urgencias médicas  oculto en la publicidad institucional de Mar Sánchez Sierra "en su lugar"  el 902 considerado una estafa por Facua. -

Pide que se dote ao centro de saúde de persoal sanitario, así como de administración e servizos e que se amplíen as liñas telefónicas para atender aos pacientes

Reclama a adaptación provisional do centro para acoller á xente que precise atención presencial

O Rosal, 9 de novembro de 2020.- A Plataforma para a defensa da Sanidade Pública do Rosal creouse para loitar contra o deterioro progresivo que desde hai anos está a sufrir o servizo de atención primaria no Rosal, consistente, entre outras eivas, na deficiente dotación de persoal sanitario, que se agravaba ao non cubrir o Sergas as vacacións do persoal ou as baixas médicas. A plataforma formouse a partir dunha ampla base de participación social, formando parte dela representantes do concello, de todos os partidos políticos con representación municipal, do persoal sanitario, do asociacionismo e da sociedade rosaleira en xeral.

Actualmente, a xestión que a Consellería de Sanidade fai da crise sanitaria provocada pola COVID-19, eliminando a asistencia médica presencial e aumentando a carga de traballo dun persoal facultativo que xa antes da pandemia resultaba claramente insuficiente para atender ao total da poboación, está a acelerar o proceso de deterioro do servizo de atención primaria, poñendo así en perigo a saúde dos rosaleiros e rosaleiras.

Co argumento de evitar contaxios por acumulación de público nunhas instalacións cun tamaño insuficiente para a situación de emerxencia sanitaria, pechouse o Centro de Saúde de San Miguel de Tabagón e a consulta de pediatría centralizouse no centro de saúde da Guarda. Ao mesmo tempo substituíuse a atención sanitaria presencial pola telefónica e reduciuse o aforo das salas de espera obrigando aos pacientes a facer cola fóra do centro de saúde para recibir atención.Ánimo Feijoo y Mar Sánchez Sierra que ya queda menos ( HOY 760 muertos...  Haber quien les votara ¡ el Sergas según expertos colapsará antes del día  30 ! - Xornal Galicia

Aínda que nun primeiro momento a poboación entendeu a situación como algo necesario para acabar coa pandemia e se entendía que a administración sanitaria precisaba tempo para, partindo dunha situación de deterioro provocado por anos de recortes, adaptarse ás novas necesidades que se presentaban, tras a relaxación das medidas sanitarias coa chegada de verán O Rosal volveu a quedar sen persoal médico durante as vacacións, a consulta de pediatría non se recuperou e o Centro de Saúde de San Miguel continúa pechado.

A Plataforma destaca a falta de información por parte do Sergas da incidencia de casos en cada localidade, que utiliza unha escala de cores cuns rangos enormes que ocultan a situación real e que impide coñecer os contaxios en cada municipio, o que non axuda a crear unha conciencia cidadá clara á hora de tomar as debidas precaucións con responsabilidade.

En opinión da plataforma SOS Sanidade Pública, a atención primaria accesible e próxima que ofreza unha asistencia integral de saúde está en perigo de desaparición. O persoal dos centros atópase desbordado pola burocracia, os rastrexos, as probas e as demandas dunha poboación, angustiada pola pandemia e as demoras na asistencia. Como consecuencia moitas persoas están a recorrer á sanidade privada que busca facer negocio coa saúde. Ademais, o desinterese da Consellería de Sanidade e do Sergas fai que os traballadores sexan quen están soportando inxustamente as queixas e o malestar dunha poboación frustrada e preocupada polas dificultades de acceso á asistencia.

No Rosal, debido a que as consultas seguen a ser telefónicas, resulta cada vez máis difícil conseguir algo tan sinxelo como que se colla o teléfono para solicitar unha cita médica, o que fai que o malestar social sexa cada vez máis elevado e se produza unha profunda deterioración da imaxe do sistema sanitario público.

Se ben dende a Plataforma teñen en conta das dificultades que están a existir para a contratación de persoal facultativo, non atopan xustificación para que a Consellería de Sanidade non contrate persoal administrativo e de servizos que poida descargar ao persoal de medicina e enfermería de labores burocráticas, o que diminuiría a súa carga de traballo.

Por todo o antes exposto, a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública do Rosal:

  • Manterá en suspenso as concentracións dos mércores mentres a situación sanitaria non o permita.Mar Sánchez Sierra "convierte las mascarillas y respiradores sanitarios en  verduras y coles" en la caja del Editor de la Voz de Galicia al que sigue  regalando dinero en forma de publicidad. -

  • Esixe que a Consellería de Sanidade reciba a unha representación municipal que poida expor as necesidades da atención primaria no concello.

  • Propón a creación dunha mesa institucional formada polos alcaldes e alcaldesas do Baixo Miño para presentar unha fronte común para a resolución dos problemas sanitarios da comarca.

  • Esixe que se dote ao centro de saúde do Rosal de persoal de administración e servizos e que se amplíen as liñas telefónicas para que a poboación poida ser atendida convenientemente.

  • Esixe que se adapte provisionalmente o centro de saúde ou se habiliten outros espazos dispoñibles no concello para poder acoller á xente que precise de atención presencial.

  • Reivindica que se dote ao Rosal co persoal médico e de enfermería que recomenda a OMS para atender correctamente á súa poboación.

  • Esixe que se atenda convenientemente ás persoas que teñen que ser trasladadas aos hospitais de Vigo para tratamentos periódicos (diálise e outros).

  • Apoia a reivindicación da Plataforma SOS Sanidade Pública e propón que se presente no vindeiro pleno a moción que están a presentar nos concellos e que sexa apoiada por todos os grupos políticos.