Diante a proposta de sancionar con dous anos de inhabilitación por un expediente disciplinario ao xinecólogo Dr, Castrillo que participou activamente na campaña cidadá contra o peche do paritorio de Verin, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queremos comunicar que:
1.- Segundo o SERGAS e a Xunta de Galicia o devandito expediente baseouse na denuncia dunha pediatra do Hospital por unha diferenza de criterio sobre como actuar cun paciente fai máis dun ano.
2.- Posteriormente a propia pediatra comunico que esta denuncia realizouna a instancias do xefe de servizo de pediatría e o Xerente da área Dr. Rubial, o que desmente a versión ofrecida polo SERGAS e o presidente Feijoo.
4.- Isto supón que, ademais dunha medida de vinganza e de persecución dun sanitario por apoiar unha mobilización cidadá en defensa da sanidade pública, a administración sanitaria galega volve mentir sen ningún tipo de pudor, algo inadmisible ao poñer en cuestión a necesaria confianza cidadá nas súas institucións en momentos tan críticos como os actuais
3.- Consideramos que esta actuación é típica dos países totalitarios onde as administracións coaccionan ás persoas para denunciar e delatar a compañeiros por motivos políticos
4.- Esta coacción a un profesional é a consecuencia directa do nomeamento dos xestores das áreas e centros sanitarios aténdose a criterios de afinidade e lealdade política e non de coñecementos e capacidade
5.- Solicitamos a dimisión da xerencia da área de Ourense por que de acordo ao Estatuto do Persoal dos Servizos de Saúde considérase como falta grave o abuso de autoridade no exercicio das súas funcións, algo que queda claro neste conflito.
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública