Sra Mar Sánchez onde están as grandezas que anuncia con cartos públicos; Médicos do Centro de Saúde de Ribeira con apoio de CIG-Saúde denuncian que o Goberno de Feijóo non contrata persoal para o centro

Información
Sergas | 01 Enero 2021 | 2590 votos - Registrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image
IMG 20201231 WA0014Médicos do Centro de Saúde de Ribeira con apoio de CIG-Saúde, queremos denunciar as ausencias crónicas non cubertas da categoría de facultativos do noso centro; carencias que xa existían desde antes da pandemia e que se viron agravadas pola situación actual.
A plantilla habitual serían 9 médicos de familia en quenda de mañán e 5 en quenda de tarde máis 4pediatras.
A fecha de hoxe a plantilla se atopa con 3 médicos de familia e 2 pediatras para todo o centro (víndose
agravado tamén pola ausencia de pediatra da Pobra do Caramiñal, tendo que atender tamén a esos
pacientes, asumindo tamén esa ausencia de pediatría).DILAPIDACIONDEDINEROPUBLICOBAJOLAPRESUNTAPREVARICACION MARSANCHEZSIERRA
A consecuencia disto as nosas axendas, que xa están bastante aumentadas pola pandemia, se viron
agravadas por ter que asumir os cupos dos demáis facultativos, que por motivos persoais xustificados
(baixas, permisos familiares...) non pudiron acudir ó centro. Isto conleva, que a día de hoxe, as axendas
pasen dos 60 pacientes chegando algunha delas arredor de 80 (cando unha axenda normal se atopa arredor
de 35 pacientes); o que supón un agravio para os pacientes, xa que a maioría deles están sendo chamados
máis de 2 horas despois do seu horario de cita, a outros se lles atrasa a cita para días posteriores. Ademáis
que os pacientes que se ven presenciales se lle está dedicando menos tempo do recomendado, dada a
imposibilidad de atender 70 pacientes na mañán, máis as urxencias que podan surxir no transcurso da
quenda de mañán no centro.
Está situación xa foi denunciada anteriormente dende marzo polo propio centro e notificada
reiteradamente polas centrais sindicais nas reunións de comisión de centros ca Xerencia, sin tomar ningún
tipo de medida por parte da mesma.
Con esto solicitamos unha mellor xestión por parte da Xerencia e a cobertura das ausencias para que os
pacientes teñen unha axeitada calidade axistencial.