CRTVG “reducida” e “teledirixida dende o despacho do señor Feijoo”

Información
29 Noviembre 2019 1169 votos - Registrate para votar

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG, Noela Blanco, presentou unha pregunta oral na que criticou o uso partidista dos medios públicos por parte do PP. Acusou á CRTVG de por a cobertura das eleccións xerais “ao servizo do PP”, ofrecendo información “reducida” e “teledirixida dende o despacho do señor Feijóo”.

 

Entre os exemplos de mala praxe da CRTVG destacou a retransmisión da pegada de carteis pola TVG2, canle secundaria e cunha audiencia moito menor que a da canle principal, rompendo cun “fito que leva décadas cubríndose e emitíndose en directo”. Sinalou que este acto de campaña incluíuse de forma deliberada no medio dun programa cunha audiencia de aproximadamente 1.000 persoas.

Tamén criticou a planificación dos debates na CRTVG, que a pesares da súa “importante función social”, estes son escasos na canle pública, “e cando os hai son en horas moi afastadas do prime time” ou directamente son emitidos na TVG2. O caso paradigmático atopámolo no debate das eleccións xerais que volveu ser emitido en horario de mañá, no que foi seguido por 13.000 espectadores, lonxe dos 74.000 que seguen a canle no hora de máxima audiencia.

Blanco criticou a intencionalidade destas decisións, orientadas a que as galegas e galegos “canto menos se decaten de que hai eleccións, mellor”, e por iso decidiron deixar sen emitir o debate entre os cinco candidatos, organizado pola Academia das Ciencias e das Artes de TV, que si que emitiron outras canles autonómicas.

Dramática caída da audicencia

A responsable socialista presentou ademais unha pregunta oral na que alertou da “dramática caída das audiencias” do ente que relacionou directamente coa “burda manipulación informativa, o sensacionalismo excesivo e a deficiente programación na que os galegos e galegas non se ven reflexados”. Esta combinación de factores, dixo, situou as audiencias da TVG no seu “mínimo histórico no mes de outubro”.

Blanco sinalou que datos coma o 5,8 por cento de cota de pantalla do pasado domingo 27 de outubro, un 6,2 en horario de máxima audiencia –prime time-, ofrece un balance “terrible” que vai máis alá da nova situación do audiovisual, cunha audiencia fragmentada, e a proliferación da oferta por distintas canles e plataformas. Apunta que os cambios aplicados pola dirección, así como o “sectarismo” amosado na súa xestión diaria situou á canle autonómica en “caída libre”.

A realidade, dixo, é que Galicia rexistrou en outubro unha audiencia do 8,2 por cento, situándose mesmo por debaixo da televisión autonómica de Aragón. A situación replícase na Radio pública, que están a converter nun medio “nicho” para homes maiores de 65 anos, e que “só triunfa nos concellos de menos de 10.000 habitantes”, cun descenso do 28,4 por cento entre a segunda e a terceira ondas de audiencias de 2019.

Venres negro

A deputada socialista comezou lembrando o “secuestro” dos traballadores e traballadoras da CRTVG, que “levan celebrando venres negros dende hai máis dun ano e medio”, con xa 80 convocatorias, e con 5.000 sinaturas recollidas en contra o uso partidista dos medios públicos e a favor da “obxectividade, imparcialidade, veracidade e neutralidade informativa”.

Destacou que o único que piden estes traballadores e traballadoras é “que se cumpra a Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual de Galicia aprobada en 2011”, unha lei que busca asegurar a integridade informativa dos medios públicos “así como o reflexo do pluralismo ideolóxico, político, cultural e social de Galicia”.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+