Acordo da Xunta Electoral de Galicia, do 8 de xuño de 2020, polo que se resolve aAcordo da Xunta Electoral de Galicia, do 8 de xuño de 2020, polo que se resolve adenuncia da representante xeral do Bloque Nacionalista Galego, en relación á rolda de prensa daconselleira de Infraestruturas e Mobilidade e do conselleiro de Sanidade, sobre a licitación polaXunta de Galicia das obras da fase 0 do Plan director do novo CHUAC, e á nova publicada na webda Xunta de Galicia.
AcordoAcordoESTIMAR PARCIALMENTE a denuncia por entender que a expresión: «É a maior obra públicaque se ten impulsado na área da Coruña en moitos anos, tanto desde o punto de vista doinvestimento, como polo seu impacto social», constitúe un xuízo de valor polo que se eloxia unhaactuación da Administración autonómica que, consecuentemente, excede dos límites dunha simpleinformación sobre unha actuación administrativa durante o período electoral.Requirir a Administración denunciada a que retire a dita expresión da súa web institucional.