O deputado de Unidas Podemos e portavoz deO deputado de Unidas Podemos e portavoz deGalicia en Común, Antón Gómez Reino, valorou hoxe a constitución no Congreso da Comisión “Kitchen”, que durante as vindeiras semanas investigará na Cámara Baixao presunto uso ilegal de medios e recursos do Ministerio do Interior durante ogoberno de Rajoy para favorecer os propios intereses do Partido Popular e espiar aoextesoureiro Luis Bárcenas.Gómez Reino sinalou que “ademais de que se aclare no ámbito xudicial, o Congresodebe realizar tamén unha investigación, porque a cidadanía á que representamos merece saber se os recursos de todos e todas foron usados por un presidente do goberno como Rajoy para espiar, ocultar probas e favorecer os seus propios intereses”.
Nese sentido o portavoz de Galicia en Común considera que “a cidadanía deste paísnon se merece a mesquina película de espías de serie B na que nos meteu o PP coa Operación Kitchen” para engadir que “xa nos ten afeitos a protagonizar escándalos de corrupción que se parecen máis a unha película que a unha maneira de actuar que se lle presupón a un partido que se autodenomina de Estado, pero vemos como novamente a realidade supera a ficción”.“Esperamos que a Comisión de Investigación que se constitúe hoxe no Congreso nos permita arroxar luz sobre o enésimo escándalo do Partido Popular que terá unha oportunidade de explicarse e explicar un novo caso de corrupción como os que levan salpicando ao partido dende hai anos”, engadiu o deputado mentres lembrou que “o2021 non só nos traerá esta comisión de investigación, senón tamén o xuízo doCaso Bárcenas ou a segunda época do Caso Gürtel”.